Visita a Galipark
Enviado por Vicedirec. o 4 Xuño, 2024 - 08:33
O pasado martes 28 o alumando de 2º ESO tivo a oportunidade de achegarse ao recinto de multiaventuras, Galipark, en Extramundi (Padrón). Os alumnos experimentaron un día de retos e diversión, todo isto acompañado de exercicio ao aire libre. Puxeron a proba o seu vértigo enfrontándose a un circuíto de altura provistos de arneses, mosquetóns, tirolinas e obstáculos de equilibrio. Afinaron a súa puntería co tiro ao arco e unha actividade de laser tag. Finalmente refrescaron a súa tarde cunhas actividades acuáticas que nos deixaron impactantes imaxes deles descendendo polo tobogán de auga!! Podedes ver as fotos na nosa galería Flickr. |