Proxecto Ríos - 1º ESO
Todo o curso de 1º da ESO participou no Proxecto Ríos durante a maña do 12 de abril.
O Proxecto Ríos é un programa de voluntariado da Asoc. ecoloxista ADEGA, que consiste en realizar dúas inspeccións ao ano e comprobar a calidade do río. Acompañáronnos tres educadores/as ambientais e fixemos tres mostraxes (unha por grupo) nun regato que pasa por detrás do centro de ensino, Barranqueira da ponte. Comprobamos a calidade da flora de ribeira, os parámetros físico-químicos da auga e identificamos os macroinvertebrados para saber que calidade ten o río. Puidemos comprobar que estaba en boas condicións.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimo!!
Pódedes ver imaxes na Galería do instituto.