PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2012-2013

A alumna do noso Centro Thais Rey Azurmendi conseguiu ser PREMIO EXTRAORDINARIO da ESO no curso 2012-2013 grazas ao seu expediente académico e ao exame realizado en pasados días en Pontevedra.

Foi con outros dous compañeiros, tamén do 1º de Bach. A, Martín Mato Búa e Sara Troitiño Cora.

Todos eles fixeron un gran papel pero a alumna que acadou o mellor resultado foi Thais, que logrou o posto nº 7 entre os 20 alumnos premiados de entre os máis de 300 alumnos presentados á proba.

Noraboa de parte de toda a comunidade educativa e parabéns tamén paraa o centro que pode contar con eles entre o seu alumnado.

Pode consultar a listaxe de premiados neste enlace.