O pasado 7 de febreiro o alumnado de FPB e Ciclo Medio de Administrativo fixeron una saída de estudios formativa ó Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo.
Así estes alumnos e alumnas puideron coñecer as súas sedes. No Valedor foron informados da estrutura de esta institución, as súas funcións e o xeito de acceder os cidadáns para presentar as súas queixas.
No Parlamento, tiveron unha visita guiada, accedendo as dependencias máis solemnes, ao hemiciclo, bibliotecas, e gozaron da colección de arte galega, pintura e escultura, chamando a atención as súas vidreiras.…. Coñeceron o labor que desempeñan deputados e deputadas que nos representa, e a organización e historia da institución.
Esta visita coincidiu cunha sesión plenaria, e deste xeito tiveron a oportunidade de presenciar en directo como se desenvolve unha comparecencia parlamentaria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
valedor do pobo.jpeg | 32.82 KB |