Skip to Content

Somos pandeireteiras!

Onte tivemos o privilexio de acoller no noso centro unha proposta diferente para o alumnado de 3º ESO. Realizar este obradoiro foi unha suxestión do EDLG e, co apoio da Vicedirección, foi desenvolvido na tarde de onte no salón de actos. Deste xeito, puidemos formar parte do proxecto SOMOS PANDEIRETEIRAS, dirixido por Ana Fernández, da asociación cultural Rosalía de Castro de Padrón, e Mercedes Peón.

           

 

Despois de darlle un contexto teórico á historia das mulleres pandeireteiras, poñendo en valor a música, as tradicións e a transmisión oral galegas, Ana e Mercedes, axudadas por cinco rapazas tamén pandeireteiras, impartiron a parte máis práctica do obradoiro, animando a alumnado e profesorado a crear unha peza musical, que rematamos cantando e bailando.

 

Agradecemos aos departamentos colaboradores toda a axuda prestada: Música, Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega.

Transmitimos tamén os nosos parabéns ás organizadoras da actividade (Ana, Mercedes e Natalia) e ás cinco rapazas da asociación cultural, foi unha experiencia sen dúbida para repetir. Apostando polo noso!

AdxuntoTamaño
Captura de pantalla 2021-12-09 a las 23.46.45.png406.08 KB


page | by Dr. Radut