O Departamento da Familia Profesional Química abrangue todos os profesores e profesoras, propios da especialidade, que imparten módulos no Ciclo Superior A ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia detallase no Decreto 114/2010, do 1 de xullo, que establece a estrutura, O desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial réxese pola Orde do 12 de As atribucións do profesorado son as que se contemplan no Real Decreto 1834/2008, de 8 de novembro polo que se establecen as especialidades docentes Ciclo de grao medio medio correspondente ao título de técnico en "Operacións de Laboratorio" Os coñecementos adquiridos neste ciclo permiten ós titulados realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, Estes titulados exercerán a súa actividade profesional en empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade profesional son: · Industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade. · Outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc. · Laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: · Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, · Operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén. · Mostreador/ora e participante en ensaios de campo. Módulos que compoñen o ciclo de grao medio "Operacións de Laboratorio" MP0116. Principios de mantemento electromecánico. MP1249. Química aplicada. MP1250. Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio. MP1251. Probas fisicoquímicas. MP1252. Servizos auxiliares no laboratorio. MP1253. Seguridade e organización no laboratorio. MP1254. Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica. MP1255. Operacións de análise química. MP1256. Ensaios de materiais. MP1257. Almacenamento e distribución no laboratorio. MP1258. Formación e orientación laboral. MP1259. Empresa e iniciativa emprendedora. MP1260. Formación en centros de traballo.
Ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en "Laboratorio de Análise e Control de Calidade"
Os coñecementos adquiridos neste ciclo permiten ós titulados organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
Estas titulados exercerán a súa actividade en empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
· Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada. · Analista de laboratorio químico. · Analista de laboratorio microbiolóxico. · Analista de laboratorio de materiais. · Analista de laboratorio de industrias agroalimentarias. · Analista de laboratorio de industrias transformadoras. · Analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento. · Analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas. · Analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais. · Analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica. · Analista de materias primas e acabamentos. · Técnico/a de laboratorio de química industrial. · Técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas. · Técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica. · Técnico/a de ensaios de materiais de construción
Módulos profesionais que compoñen o ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en "Laboratorio de Análise e Control de Calidade" Título LOE (DOG 8.10.2008)
-MP0065. Mostraxe e preparación da mostra -MP0066. Análises químicas -MP0067. Análise instrumental -MP0068. Ensaios físicos -MP0069. Ensaios fisicoquímicos -MP0070. Ensaios microbiolóxicos -MP0071. Ensaios biotecnolóxicos -MP0072. Calidade e seguranza no laboratorio -MP0073. Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade -MP0074. Formación e orientación laboral -MP0075. Empresa e iniciativa emprendedora -MP0076. Formación en centros de traballo
|
||||
Algunhas das empresas que colaboran co instituto na FCT
Aguas de Cospeito SL Alumina Española SA Aluminio Español SA AMSLab Applus norcontrol s.l.u. Bioetanol galicia s.a. Bosende trebo s.l. Cenilesa estudios técnicos y contables sl Conservera de esteiro sau Cooperativa os irmandiños Corporación alimentaria peñasanta Endesa generación, s.a. - Centro de As Pontes Frigomar burela sa Fundación para o fomento da calidade industrial e desenvolvemento tecnoloxico Laboratorio sanidade e producción animal Lácteos loran sl Leche celta sl Leche de galicia sl Leite rio sl Puleva food sl Tablicia sa Universidad de santiago Sanidade Animal - Consellería de Medio Rural. XUNTA DE GALICIA. Consellería de pesca. XUNTA DE GALICIA.
|