Skip to Content

Eventos

Presentación de proxectos STEMbach 2022-2024

Este mércores, 31 de xaneiro, tivo lugar no salón de actos do noso IES a exposición e defensa dos proxectos de segundo de STEMbach (promoción 2022 – 2024). O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez, Carlos Cazón e Miguel Ángel Blanco.

Os sete proxectos, os cales foron expostos e defendidos ante as preguntas do tribunal cun nivel excepcional, foron os seguintes: “BigData en Economía” por Nicolás Pérez Vázquez; “Lógica Difusa” por Iris Comesaña Varela e Idaira Martínez Fernández; “O Cubo de Rubik” por Pablo Pedreira López; “Lei de Benford” por Lucía Pérez Varela; “Criptografía” por Carmen Portela Medraño e Carmen Castro Rodríguez; “Luz+luz=?” por Carla Neira Rodríguez; e “Estudo de parentesco en linguados” por Iria Castro Díaz e Sara Freire Santiso.

O alumnado obtivo a máxima cualificación e recibiu os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.

Álbum: Sen categoría -> 23 proxectos

Visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR).

Este mércores 17 de xaneiro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach visitou o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei, Lugo).

O CIAR é un centro de ensaios pioneiro na integración das Plataformas Aéreas de Investigación tripuladas xunto co desenvolvemento de sistemas remotamente tripulados (RPAS, Remotely Piloted Aircraft Systems). Así mesmo, este centro é o único a nivel europeo que permitirá dado as súas características e equipación, unha vez que se aprobe unha normativa específica para avións non tripulados, o ensaio e certificación deste tipo de aeronaves.

Álbum: Sen categoría -> 23 CIAR

Acto inaugural Stembach 2023/25.

Este 20 de setembro o investigador do grupo de investigación MORFAN da Universidade de Santiago de Compostela, Pablo Sánchez Quinteiro, inaugurou o Stembach do noso IES coa conferencia titulada “O sistema vomeronasal. Anatomía do sexto sentido”.

O doutor en veterinaria presentou parte da súa traxectoria e investigación académica sobre este descoñecido sentido, que viu  incrementado o seu estudo científico despois das secuelas da COVID-19. O profesor presentou, ademais de fotos e vídeos interesantes da anatomía deste sistema en diferentes seres vivos, as mulleres científicas referentes neste eido. Finalmente, o alumnado de Stembach de primeiro e segundo curso amosou o seu interese por este tema de investigación facendo numerosas preguntas ao relator.

Álbum: Sen categoría -> 23 presentacion STEM
Distribuir contido


by Dr. Radut