Skip to Content

Conferencias

Robots cada vez máis "cerca" das persoas

O pasado 22 de maio o doutor Roberto Iglesias, coordinador do Grao de Robótica e profesor do departamento de Electrónica e Computación da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, impartiu unha amena e didáctica conferencia ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Nesta conferencia, titulada robots cada vez máis “cerca” das persoas, o doutor Roberto Iglesias, comezou cautivando o alumnado e docentes presentes na sala explicando que a proximidade ás persoas é tanto dende o punto de vista do “hardware” (ofrecendo un número de servizos cada vez maior: agricultura, inspeccións estruturais, asistentes domésticos,…), coma do “software” (como é a intelixencia artificial xenerativa). Explicou o funcionamento das redes neuronais artificiais para o control intelixente, os grandes retos actuais da robótica (aprendizaxe continuo e federado) e as bases da intelixencia artificial xenerativa.

Álbum: Sen categoría -> 24 robotica

O cerebro adolescente

Este 15 de maio de 2024 o alumnado e profesorado de STEMBach do noso instituto asistiron a unha webconferencia impartida pola ilustre neurocientífica Sonia Villapol dende o seu despacho en Houston, bióloga do ano neste 2024.

Este ano a bióloga galega presentou a importancia do cerebro adolescente, a importancia da saúde mental e sete datos importantes sobre as características deste órgano nesta etapa. Ademais presentou a importancia dos impactos cerebrais (por exemplo producidos xogando ao fútbol) na saúde mental dos suxeitos.

Ao final a científica respondeu con fundamento neurobiolóxico ás preguntas plantexadas polos interesados asistentes.

Álbum: Sen categoría -> 24 Sonia Villapol

Algunhas ideas de matemática financeira

Este mércores 8 de maio o Doutor en Matemáticas David Gómez Castro, e investigador "Ramón y Cajal" na Universidade Autónoma de Madrid, impartiu unha conferencia web á que asistiron alumnado de primeiro curso de STEMBach e o profesorado do noso IES no salón de actos do noso instituto.

O profesor explicou dun xeito matemático o fundamento da probabilidade de obter un tipo de interés, as accións, as opcións, os fundamentos das carteiras de inversión e os intereses TIN e TAE entre outros termos financeiros habituais no mundo no que vivimos, chegando a presentar algoritmos similares aos que usan os bancos na actualidade, non moi distantes dos empregados por algún premio Nobel en finanzas.

Álbum: Sen categoría -> 24 matematicas financeiras

Física Re_creativa: luz e cor

O profesor e catedrático da universidade de Vigo do Departamento de Física Aplicada, Jose Benito Vazquez Dorrio, impartiu no IES Lucus Augusti o relatorio titulado "Física Re-creativa: Interferometría con luz branca" o mércores 24 de abril de 2024 para 1º de Bacharelato STEMbach. O alumnado poido disfrutar de varios experimentos con luz.

Álbum: Stembach23/25 -> Física Re_creativa: luz e cor

Bioética

Este 12 de marzo o alumnado de primeiro curso de STEMBach asistiu a unha conferencia de bioética impartida polo Doutor en Ciencias da Saúde pola UdC Jonatan Miguel Carrera e polas médicas residentes Julia Aboal Alonso e Natalia Pérez Rodríguez. Tamén asistiron a este acto alumnado de Psicoloxía e profesorado do IES Lucus Augusti.

Nesta interesante ponencia presentáronse feitos coma os experimentos en seres humanos realizados por médicos con persoas en Auschwitz, o estudo Willowbrook nos Estados Unidos, a bomba atómica de Hiroshima e o experimento de Tuskegee en USA. A petición da poboación fóronse lexislando recentemente os conceptos da ética e xurdiron os comités de bioética actuais. A conferencia rematou cunha conversa sobre temas de bioética actuais como a modificación xenética de humanos, a eutanasia e o aborto.

Álbum: Sen categoría -> 24 bioética

O Instituto de Ensinanza Media de Lugo

Este 7 de febreiro Isabel Fernández García, Profesora Ad Honorem da USC, impartiu a conferencia titulada “O Instituto de Ensinanza Media de Lugo”. Neste caso o público asistente non foi exclusivamente alumnado de STEMbach, senón tamén o alumnado de Ciencias de 1º de BAC do noso IES.

A catedrática deu a coñecer algúns dos traballos que tiveron que pasar estas pioneiras científicas para acadar e exercer as súas profesións científicas. Ademais, expuxo o número de licenciadas en ciencias en Lugo por curso académico, as profesións dos pais destas pioneiras, principais profesións que realizaban e outros datos das primeiras científicas da nosa provincia.

Estes e outros datos foron obtidos, entre outros recursos, no arquivo histórico do noso IES e aparecen publicados no libro “Pioneiras de Ciencias de Lugo”, do que a poñente é autora.

Álbum: Sen categoría -> 23 Mulleres pioneiras
Distribuir contido


by Dr. Radut