Skip to Content

Consorcio

Consorcios e colaboracións

 

KA103 CONSORCIO PRAXEUROPA Este centro leva formando parte dun consorcio para mobilidades de estudantes e profesores de Ciclo Superior, dende o curso 2014-15. Este consorcio chamado PRAXEUROPA engloba a cuarenta centros galegos con ensinanzas de Ciclos Superior, e está xestionado directamente pola Consellería de Educación. Ao abeiro deste programa, anteriormente viaxaron dous alumnos a Malta e unha alumna a Portugal.

 

KA107 CONSORCIO INTERPRAX. Con este consorcio 4 profesores do noso centro realizaron unha estadía de 1 semana na Universidade de PAYAP en Chiang Main (Tailandia) no 2017. No 2020 suspendéronse, a causa da pandemia, as estancias concedidas e programadas a unha universidade de Aurangabad (Maharashtra, India).

 

KA203: O centro IES LUCUS AUGUSTI colabora como socio nun proxecto de “Acción Clave 2” da Universidade de Santiago de Compostela chamado “Service Learning to Improve Training and Employability in Wildfire Management in Southern Europe / FacingFIRE”. Este proxecto foi valorado coa máxima puntuación a nivel de todo o estado español e involucra tamén a universidades de Grecia, Italia e Portugal. Neste proxecto xa levan participado 5 alumnas do Ciclo superior de Labratorio de Análise e control de calidade, en xornadas de 1 semana de traballo en Aveiro, Florencia e Atenas, e tamén 3 profesores do ciclo. Ademais 2 alumnas e 1 alumno fixeron una estancia de 1 mes na Universidade de Aveiro para facer diversas análises a solos queimados e posteriormente restaurados.

 

 

Encontro KA203 Facing Fire en Atenas.

Do 19 ao 23 de Setembro de 2022 dúas alumnas e tres profesores do noso instituto asistiron a este encontro de traballo celebrado en Atenas. Xunto co resto de socios europeos puxeron en común as actividades levadas a cabo e realizaron outras novas.

Álbum: Sen categoría -> Atenas 22

Reunión de coordinadores e profesores KA203 Facing Fire en Florencia.

Do 6 ao 8 de Xullo de 2022 tivo lugar a reunión de coordinadores e profesores KA203 Facing Fire en Florencia. Do noso IES 3 profesores participaron nesta reunión de traballo expoñendo todas as actividades levadas a cabo ata o momento e realizando outras novas en colaboración co resto de socios europeos.

Álbum: Sen categoría -> Florencia 22

Estadía KA203 Facing Fire en Aveiro de 3 alumnos.

Durante todo o mes de Xullo de 2022 3 alumnos de Ciclo Superior do noso IES estiveron analizando solos queimados e restaurados en laboratorios da Universidade de Aveiro como actividade deste programa.

Álbum: Sen categoría -> Aveiro 22 pupils

Encontro KA203 Facing Fire en Aveiro.

En Setembro do 2021 tivo lugar a reunión de unha semana de 2 profesores e 3 alumnas do noso IES con representantes dos demais socios europeos e da USC. Con esta reunión tivo lugar a posta en marcha deste proxecto Erasmus+.

 

Álbum: Sen categoría -> Aveiro 21
Distribuir contido


by Dr. Radut