Skip to Content

Ciclo superior

Ciclo Superior (Educación Superior)

Actualmente está vixente o programa 2020-1-ES01-KA103-078549, no que están previstas 5 mobilidades para estudantes en prácticas e 1 para profesorado. Este proxecto foi ampliado recentemente a 36 meses, rematando en maio de 2023. De momento un alumno realizou as súas prácticas nos laboratorios da Universidade de Aveiro (UA), ao amparo deste proxecto.

No 2020 renovouse a Carta Erasmus de Educación Superior e froito diso púidose solicitar un proxecto KA131 (2022-1-ES01-KA131-HED-000061412) que foi concedido e recentente foi asinado o convenio. Este proxecto inclúe 4 mobilidades de estudantes para prácticas e 2 de persoal docente para formación.

KA103-2020

Co programa Erasmus do 2020 dispoñemos dun presuposto de 8055€. De momento realizouse unha mobilidade de alumnos a laboratorios da Universidade de Aveiro.

Álbum: Sen categoría -> KAErasmus20

KA103-2018

Co programa Erasmus do 2018 contamos cun presuposto de máis de 8000€. Polo peche de fronteiras por mor da pandemia 5 mobilidades de alumnado á Universidade dos Açores foron suspendidas e non recuperadas posteriormente. O programa cerrouse cunha mobilidade a laboratorios do campus de Angra do Heroismo por parte dun docente.

Álbum: Sen categoría -> KAErasmusdezaoito

KA103-2016

Este programa Erasmus do 2016 contou cun orzamento de máis de 8000€ e realizáronse mobilidades dun profesor e 3 alumnos. Os centros de destino foron os laboratorios do Trinity College de Dublín e da UTAD de Vila Real. Tamén se fixeron prácticas de enoloxía nas bodegas do Palacio Mateus.

Álbum: Sen categoría -> KAErasmusdezaseis
Distribuir contido


by Dr. Radut