Skip to Content

Ciclo medio

Ciclo Medio (Formación Profesional)

 

KA102 2019-1-ES01-KA102-063192 Este é un programa de mobilidades de estudantes e profesorado de Ciclo Medio de Operacións de Laboratorio, que remata neste mes de outubro. Ao abeiro deste programa realizáronse 6 mobilidades de alumnos (3 delas de longa duración) a laboratorios de Azores, Florencia e Vila Real, e 4 de profesores para aprendizaxe por observación.

 

En 2021 conséguese a Acreditación en Formación Profesional: (2020-1-ES01-KA120-VET-000095562) e froito disto pediuse un proxecto KA121, que foi concedido (2022-1-ES01-KA121-VET-000061461) e recentemente asinado o convenio. Este proxecto inclúe 3 mobilidades de curta duración para estudantes e 1 de longa duración. Tamén inclúe 2 mobilidades de aprendizaxe por observación para profesorado.

 

 

KA102-2019

Co programa Erasmus do 2019 contamos cun presuposto de máis de 50000€ e con él realizáronse estancias longas e curtas de 6 alumnos e estancias de formación de 4 profesores. As universidades de destino foron a UniFi de Florencia, a UTAD de Vila Real e a dos Açores.

Álbum: Sen categoría -> KAFPdezanove

KA102-2017

No programa Erasmus do 2017 contamos cun presuposto de case 50000€ e realizáronse 6 mobilidades de alumnos e 5 de profesores. Os alumnos realizaron prácticas en laboratorios da Universidade "La Sapienza" de Roma e na UTAD de Vila Real. O profesorado estivo tamén nestas dúas universidades e na Universidade dos Açores.

Álbum: Sen categoría -> KAErasmusFPdezasete

KA102-2015

O primeiro programa Erasmus propio concedido cun presuposto de máis de 40000€. As mobilidades foron de 7 alumnos e 6 profesores á Universidade "La Sapienza" de Roma e á UTAD de Portugal.

Álbum: Sen categoría -> KAErasmusFP
Distribuir contido


by Dr. Radut