Skip to Content

Índice, Conferencias, Cursos en liña, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC inicia no uso e manexo de drons a estudantes de STEMbach do IES Lucus Agusti da capital luguesa a través dunha iniciativa de colaboración que permitiu aos estudantes preuniversitarios pilotar o dron Mavic mini, ademais de tomar fotografías do mesmo para a posterior elaboración dun modelo tridimensional.

Os estudantes de STEMbach no Ies Lucus Agusti Carmen Pérez Varela, Anxo Losada Fernández e Melody Vila Pérez, baixo a titoría do profesor Ibai Quinteiro Recondo, aproveitaron a súa estadía completada en vésperas de Nadal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para facer voar o dron cos seus propios teléfonos móbiles, logo de adaptalos para proceder ao control de vos. Esta actividade práctica tamén permitiu aos futuros universitarios ensaiar a manobras co equipo no interior da nave de prácticas a EPSE.

Ler máis

Preocupación nos centros de ensino pola COVID-19

A coñecida neurocientífica lucense Sonia Villapol, dende o Instituto de Investigación no Methodist Hospital en Houston (Texas, USA) no que traballa como investigadora principal, impartiu unha magnífica e esclarecedora conferencia sobre o coñecemento científico actual da COVID-19 para os alumnos e profesores do noso instituto (ver vídeo adxunto).

Este 25 de xaneiro, a tamén divulgadora presentou a estructura do Sars-CoV-2, a súa entrada nas células e os seus temidos efectos neurolóxicos nos humanos, presentes e futuros. Explicou dun xeito didáctico a información que ofrecen os diferentes tipos de probas e que esta é complementaria. Recordou os modos de transmisión e a importancia da ventilación e humidade para reducir os contaxios. Finalmente, falou de armas que empregamos nesta loita: as máscaras e as vacinas.

Álbum: Sen categoría -> Sonia Villapol

Prácticas: Programación con Arduíno II

Carlos Cazón continuou dirixindo aos alumnos de primeiro curso de STEMbach nas súas prácticas de programación con software libre, que iniciaron a semana pasada.

Este 18 de xaneiro programaron cunha placa Arduíno o funcionamento de diodos LED, dun potenciómetro e da medida de distancia mediante sensores de ultrasóns.

Álbum: Sen categoría -> practicas arduino 21 2

Prácticas: Programación con Arduíno

O profesor de Tecnoloxía e director do noso IES, Carlos Cazón, dirixiu aos alumnos de primeiro curso de STEMbach nestas prácticas de programación co software libre Arduíno, do que xa oíron falar ao coordinador do Grao de robótica da USC o pasado 3 de decembro.

Este 11 de xaneiro empregaron o simulador Tinkercad de placas de hardware libre para realizar prácticas sinxelas de control de frecuencias de acendido de LEDs dunha e tres cores. Ademais, viron as múltiples aplicacións posibles destas placas, dende usos domésticos a industriais. Por último, tomaron contacto coa ampla comunidade de usuarios e proxectos dispoñibles.

A vindeira semana este alumnado continuará con outra sesión de prácticas con placas de Arduíno reais, impartida polo mesmo docente.

Álbum: Sen categoría -> Practicas arduino 21 1

Prácticas de laboratorio: A vida nunha gota de auga doce

O profesor dos ciclos da familia profesional de química do noso IES, Xoán Carlos Rodríguez, guiou ao alumnado de primeiro curso de STEMbach para observar diferentes microorganismos de augas doces co microscopio óptico.

Este 21 de decembro observaron bacterias de Microcystis aeruginosa, algas, paramecios e outros microorganismos. Esta será a última actividade deste bacharelato antes das merecidas vacacións do Nadal.

Álbum: Sen categoría -> microbioloxia20

Retos, paradoxos e incertezas dunha robótica cada vez máis perturbadora e transgresora

O coordinador do Grao de Robótica da USC e profesor do departamento de Electrónica e Computación da Escola Politécnica Superior, Roberto Iglesias, impartiu unha magnífica conferencia ao alumnado de primeiro e segundo curso de STEMbach e ao profesorado.

Un robot Nao captou a atención dos asistentes á conferencia de robótica este 3 de decembro coa súa flexibilidade e humor. A continuación, o profesor presentou a nova revolución que suponen a robótica (que xa non se distingue da intelixencia artificial) e a automatización industrial. Falou dos cobots, os xemelgos dixitais, a robótica colaborativa, as “luces apagadas” e as súas aplicacións a nivel industrial e de servizos tanto profesionais como persoais. Ademais, presentou exemplos de robots que son perturbadores en canto a que non son os esperables, retos da robótica como a súa fiabilidade, e paradoxos como o de Polanyi segundo o que sabemos máis do que podemos explicar. Rematou animando ao alumnado a cursar estes estudos, nos que a demanda profesional na actualidade é moi alta.

Álbum: Sen categoría -> conferencia robótica
Distribuir contido


by Dr. Radut