Charla maxistral impartida no edificio multiusos da Xunta de Galicia por Luis Liz Marzán, profesor Iberbasque e director científico de CICbiomaGUNE en San Sebastián, co gallo do día da ciencia en galego.
Partindo da táboa periódica e dos elementos químicos descubertos por españois, este lucense falou dos elementos máis importantes para a nanociencia. Concretamente, falou do carbono (grafeno, nanotubos, fullerenos,…), do silicio (e a lei de Moore) e do ouro (tanto da súa investigación, que permite axustar a morfoloxía e cor de nanopartículas deste metal, como dunha síntese sinxela destas partículas que podería facerse nun laboratorio de secundaria).
Este 8 de novembro, despois do recreo, asistiron os alumnos de segundo A de BAC e STEMbach. Os veteranos do STEMbach xa asistiron o curso pasado a outra charla semellante deste poñente e distinguido científico a nivel internacional, que tamén foi alumno do noso instituto.
Álbum: Stembach2019/21 -> Liz Marzán