try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Universidade

Orientación académica Universitaria

UNIferia

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial: 

Universidade da Coruña (UDC)terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTUROno que lle ofrecererá ao seu alumnado a posibilidade de coñecer de primeira man a oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, tomar contacto coa Vida Universitaria que lle espera e consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento...  

Pódense organizar titorías exclusivas para o alumnado de Bacharelato/CFGS

O horario é de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e haberá persoal da UDC para solucionar calquera consulta ou aclaración que precisen. 

 Nota: A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse.

Guía de Estudios Superiores de Galicia

O 18 de marzo do 2021Guía de estudos Superiores Galicia 2021 "La Voz de Galicia" actualizou a súa guía de estudos superiores na que recolle información relacionada coa universidade e os ciclos formativos. O seu contido pode resultar de interese para o alumnado e as familias.

Entre a información atópanse indicacións de cada titulación, en que campus/localidades se ofertan, cales son as notas de corte do curso actual, no caso dos graos, que materias serven para subir nota en selectividade (as coñecidas como ponderacións), número de prazas de cada grao, as materias de formación básica e as saídas profesionais máis habituais, oferta nas Universidades privadas, etc. / Os nomes da titulacións deben buscarse en Galego.

Polo momento unicamente está dispoñible a versión impresa da Guía 2021, nas vindeiras datas será actualizada a versíon web.

Para consultar a Guía web de 2020: Ligazón

Xornada de portas abertas da UDC

Xornada de portas abertas UDC

A Universidade da Coruña organiza os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria

Horario de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Os dous días ás 16:00h desenvolverase unha charla sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN que impartirá o prof. Pedro Armas, delegado do Reitor da UDC ante a CIUG, que comentará as novidades para 2022. 

Manteranse vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

Descargar PDF cos horarios das charlas

 

Convocatorias da UDC

UDCA Universidade da Coruña ven de facer públicas as seguintes convocatorias:

  • Convocatoria de prazas para o estudantado da Universidade da Coruña nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol, Ligazón
  • Convocatoria de Premios á Excelencia no Bacharelato e en Ciclos Formativos de Grao Superior. Ligazón
  • Convocatoria de Axudas ao alumnado gañador de Olimpiadas Científicas. Ligazón

 

 

Guia de admisión á Universidade

 Criterios para adxudicación de prazas Universidade Galega 2019.

Segundo o reflectido na web da CIUG o acceso constará de dúas convocatorias de preinscripción: ordinara (xuño) e extraordinaria (xullo).

1º Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores.

2º En segundo lugar, adxudicaranse as prazas ás/aos estudantes que cumpran os requisitos de acceso en xullo.

Ver Guía (pax.4)

 

 

Instrucións ABAU

A CIUG estableceu as instrucións xerais para a realización da proba de ABAU 2019 que se poden descargar nesta ligazón.

 

 

 

 

Distribuir contido