Skip to Content

Orientación, Documentación, Titoría, Familias, Blogue, Orientación Académica, 3º ESO, 4º ESO, 1º ESO, 2º ESO, Xeral, Novas, Alumnado, Mapa Orientación, Bacharelato, ESO, Universidade, Miscelánea, Diversidade, Documentación Titorías

Fiestra

 

Plataforma dixital que promove a utilización de audiovisual galego como recurso pedagóxico para a educación en valores nos centros de ensino nas etapas de primaria e secundaria.

Dispón dun catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas especialmente polo seu valor educativo.

Cada unha das obras vai acompañada dunha serie de recursos didácticos cos que poder traballar nas aulas

Para acceder:
 
 
Usuario: ies.lucus.augusti@edu.xunta.es
 
Contrasinal: Solicitala ao correo: alejandro.amieiro@edu.xunta.gal
 

Entrar no Catálogo de Curtametraxes

ANTES DE VER A OBRA

  • Recomendar ao alumnado que presten atención á obra xa que, logo do visionado, realizaremos unha serie de preguntas e xeraremos debate arredor dos contidos da mesma.

DESPOIS DE VER A OBRA / Recomendacións xerais para a realización das actividades:

  • Fomentar que os alumnos hipoteticen e favorecer a xeración de debate para a reflexión, o pensamento racional e o sentido crítico.
  • Promover a xeración de debate e a capacidade de debater dende o respecto. Esta actividade pretende afondar nos contidos da obra pero tamén pretende achegar a oportunidade de pensar, reflexionar, analizar, hipotetizar, debater, escoitar, e aprender a respectar as ideas e opinións dos demais.
  • Deixar que os alumnos debatan durante uns minutos sen corrixir as súas opinións e, unha vez que o debate perda forza, ou logo do tempo que o docente estime oportuno, aportar as respostas que se achegan nas guías de intervención pedagóxica.
  • Rexistrar nun documento as impresións e reflexións do docente acerca da actividade na súa totalidade, dende a formulación da iniciativa de educación a través do cine ata a realización das actividades.

Air Lucus

Renderizado de imaxes de Google Earth do IES Lucus Augusti.

O dilema das redes sociais

Interesante documental, presentado como unha fusión entre as declaracións de expertos estreitamente vinculados ás redes sociais e unha dramatización, ao estilo de "Insight out", cargada de símbolos subliminares, que o fai máis accesible ao público adolescente.

A preocupación pola distopía tecnolóxica, visibilizada a través de escritores como Harari ("Homo Sapiens" e "Homo Deus") ou Peirano ("El enemigo conoce el sistema"), é levada á pantalla por Jeff Orlowski nun formato impactante. Descubrir que os gurús da era dixital comezan a reclamar ética ... é inquedante. Isa ansia de filosofía, en boca dos artífices da inminente debacle da humanidade, resulta tan esperanzadora como sospeitosa.

 

Guía de Estudios Superiores de Galicia

O 18 de marzo do 2021Guía de estudos Superiores Galicia 2021 "La Voz de Galicia" actualizou a súa guía de estudos superiores na que recolle información relacionada coa universidade e os ciclos formativos. O seu contido pode resultar de interese para o alumnado e as familias.

Entre a información atópanse indicacións de cada titulación, en que campus/localidades se ofertan, cales son as notas de corte do curso actual, no caso dos graos, que materias serven para subir nota en selectividade (as coñecidas como ponderacións), número de prazas de cada grao, as materias de formación básica e as saídas profesionais máis habituais, oferta nas Universidades privadas, etc. / Os nomes da titulacións deben buscarse en Galego.

Polo momento unicamente está dispoñible a versión impresa da Guía 2021, nas vindeiras datas será actualizada a versíon web.

Para consultar a Guía web de 2020: Ligazón

FP Básica

Presentación sobre a oferta de FP Básica en Lugo. A información está orientada ao alumnado da ESO que presenta dificultades para continuar os estudos da etapa no réxime ordinario.

Novo: Ligazón á Resolución do 26 de maio de 2022 / Instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión na FP Básica para o curso 2022-23 

Nada será igual

Nada será igual

"Nada será Igual" é un proxecto educativo para concienciar respecto ao ciberbullying. O director Víctor Antolí realizou este traballo baseánodse na iniciativa no ano 2014 do alumnado de bacharelato de último curso de Intertpretación nun IES de Castellón, a partir desa curta xestouse este filme, que forma parte da campaña #Ypunto, un movimento social que consite en mandar un punto a través das redes sociais como apoio ás vítimas de acoso.  Ligazón a Youtube

Distribuir contido


by Dr. Radut