Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Os profesores da Familia Química do noso IES, Xoán Carlos Rodríguez, Belén Reija e Gloria Grueiro, dirixiron este 19 de febreiro esta práctica de xenética, empregando o kit DNA-MEAT, adquirido polo noso centro ao grupo de innovación docente XuvenCiencia. https://xuvenciencia.org/portal/xc-na-aula/dnameat/
Extraeron o ADN de carnes de porco, tenreira, mestura de porco e tenreira, e polo. Para axilizar o proceso, no tempo que durou a extracción fixeron a reacción en cadea da polimerasa, PCR. Para esta reacción empregaron mostras extraídas anteriormente por alumnos do Ciclo Superior de Química. Finalmente, mentres os termocicladores con tapa termostatizada remataban a amplificación do material xenético, visualizaron resultados, empregando a técnica de fluorescencia molecular, de mostras similares obtidas en días previos.
Este ensaio de trazabilidade animal permitiu a identificación da presenza das dúas principais carnes consumidas en Galicia e introducir o alumnado nas técnicas de bioloxía molecular.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |