Aman Santana Da Silva alumno de 2º ESO do IES Lucus Augusti participou na XIX Olimpiada matemática galega. 500 alumnos e alumnas de 100 centros educativos de toda Galicia participaron no certame organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) dirixido a estimular a reflexión e a creatividade na resolución de problemas matemáticos.