Relación de curtametraxes para traballar a sensibilización respecto das persoas con diversidade funcional / Discapacidade
Nome | Descrición | Tema | Curta |
Ian |
Curta de animación de J.J. Campanella (2018) que foi galardona en multitude de festivais. Baseado na historia real de Ian, un neno con parálise cerebral que sofreu a discriminación e mesmo o acoso do seu grupo de iguais. Duración: 9´ |
Discapacidade | |
Cuerdas |
Curta de Animación escrita e dirixida por Pedro Solís García. "Cuerdas" foi a gañadora do Goya 2014. Duración: 11´ |
Discapacidade | |
O regalo |
Curta de animación alemán "The Present" (El Regalo), foi gañador de distintos premios de festivais de cine: Mellor film de nenos, mellor animación, mellor música de curtametraxe. Duració: 4´15" |
Discapacidade | |
O incorrecto |
Curta da Fundación Prevent intenta poñernos na pel das persoas con discapacidade, a partires de situacións tan absurdas que resultan divertidas pero que provocan un cambio importante: unha nova mirada cara a discapacidade e a conciencia de que a peor barreira a superar está en cada un de nós. Duración: 5´17" |
Discapacidade | |
Unha historia vertebral |
Curta de animación de Jeremy Clapin "Une histoire vertebral" 2004. Un home solitario vive cun grave e irritante defecto físico. A súa columna está inclinada nun ángulo recto para que sempre mire o chan. A solución á súa tristeza pode estar máis preto do que pensa. Duración: 9´10" |
Discapacidade | |
As cores das frores |
Curta da ONCE (2011) que supón un documento visual moi atractivo dende o punto de vista da inclusión educativa, neste caso, das persoas con deficiencias visuais. O protagonista, Diego, é un estudante cego que ten que afrontar a difícil tarefa de facer algo que vai máis aló do seu coñecemento. Duración: 4´20" |
Discapacidade | |
O circo das bolboretas |
Curta de cine independente realizado por Joshua Weigel no 2009 "The butterfly circus" está ambientado na américa dos anos 30 durante a gran depresión. A historia dun home que non ten membros e que se exhibe como burla da naturez. Duración: 22´36" |
Discapacidade | |
Nos teus brazos |
"En tus brazos" é unha curta de animación sobre a discapacidade sobrevida de xeito insidioso para truncar a vida. Un tango en imaxes absolutamente maxistral. Duración: 5´20" |
Discapacidade |