O martes 15 de maio realizouse unha presentación no IES Lucus Augusti orientada cara ao alumnado de 6º de primaria do centro adcscrito "Rosalía de Castro" e mais ao alumnado de 4º da ESO dos centros: CPI de Castroverde e CPI de Guntín.
O Obxectivo deste encontro é a familiarización do novo alumnado coas instalacións do centro, o coñecemento da Dirección, da oferta educativa e a facilitación da súa integración na nosa comunidade educativa reducindo o impacto que supón o cambio para eles.