Skip to Content

Glosario científico

O pasado xoves 29 de maio o alumnado de primeiro de StemBach levou a cabo a realización dun glosario científico redactado en varios idiomas. Máis concretamente, seleccionaron, de varios guións de prácticas realizadas ao longo do curso, termos útiles no eido da ciencia e da tecnoloxía e traducíronos dende o galego ao castelán, inglés, alemán e francés. 

Esta práctica foi impartida e supervisada polas profesoras do noso centro Carmen Correa Folgar e Silvia Becerra Aldrei, do Departamento de Alemán. Con esta actividade finalizan as actividades de docencia deste curso STEMBach.

Álbum: Sen categoría -> 24 Glosario


album | by Dr. Radut