VISITA Á CATEDRAL DE LUGO. Coñecementos de arte, de química, de materiais, paciencia, precisión, dotes artísticos, todo isto descubrimos que se necesita para ser restauradora. Vímolo a través das explicacións que nos deu Vania López, encargada da restauración do RETABLO DE SANTA LUCÍA, na Catedral de Lugo. Explicounos todo o proceso de limpeza e recuperación, recalcando especialmente a idea de que calquer intervención na obra debería poder retirarse sen danar a orixinal e non debe facer imposible futuras intervencións.
Lugo,3 de Novembro de 2023. Alumnos de DEBUXO TÉCNICO, DEBUXO ARTÍSTICO 1ºBAC