O IES lucus Augusti participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que o alumnado dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.
O alumnado de 4ºESO que remate os estudos de ESO deberá entregar obrigatoriamente o equipo de acordo co seguinte calendario:
• 4º ESO A: Martes día 20 de xuño ás 9:55 horas.
• 4º ESO B: Martes día 20 de xuño ás 13:40 horas.
• 4º ESO C: Martes día 20 de xuño ás 9:05 horas.
• 4º ESO D: Luns día 19 de xuño ás 13:40 horas.
Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpos e co seu correspondente maletín con arnés, cargador e punteiro) nas datas indicadas. As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.Todo será recollido polo titor ou titora e o coordinador Edixgal na data e hora indicadas para cada grupo e na súa propia aula.