Taboleiro

PUBLICADAS AS PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS DOS DEPARTAMENTOS PARA O FIN DE CURSO 2019-20

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez fai públicas as adaptacións da programación dos diferentes departamentos didácticos. Poden consultarse no apartado dedicado aos departamentos, na marxe esquerda desta web. 

Pode acceder tamén a través desta ligazón:

DEPARTAMENTOS IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA CURSO ESCOLAR 2020/2021

A Consellería de Educación publica a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

A presentación de solicitudes pode realizarse de tres xeitos:

-De maneira totalmente virtual, para a que cómpre ter DNI electrónico, certificado dixital ou chave 365. O trámite realizarase na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

-A través da aplicanción FONDOLIBROS, cubrindo a solicitude e despois presentándoa no rexistro do instituto xunto coa documentación requirida.

-No centro educativo, imprimindo e cubrindo previamente a solicitude, acompañada da documentación requirida.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño.

Para unha mellor atención en condicións de hixiene e distanciamento o centro establece as seguintes quendas. Será imprescindible solicitar cita previa para a presentación da solicitude no teléfono 886 151 924.

Nivel no que o alumno/a estea

matriculado no curso 2020-21

Días
1º ESO 20 ao 25 de maio
2º ESO 26 de maio ao 1 de xuño
3º ESO 2 ao 8 xuño
4º ESO 9 ao 15 de xuño

CALENDARIO DE EXAMES DE BACHARELATO DIURNO,ENSINANZA DE PERSOAS ADULTAS E BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS

En vindeiras semanas terán lugar os exames de Ensinanzas de persoas adultas (ESA), BACHARELATO DIURNO E BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS.

Póndense descargar os horarios dos mesmos e as indicacións para o alumnado  nos seguintes enlaces:

HORARIO DE BACHARELATO DIURNO

HORARIO DE BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS

HORARIO DE ESA MÓDULO 1 E MÓDULO 3 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

HORARIO DE ESA MÓDULO 2 E MÓDULO 4 CONVOCATORIA ORDINARIA

PUBLICADA A CONVOCATORIA DA ABAU 2020

 

 

A CIUG acaba de publicar a convocatoria da Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). No enlace que segue podes consultar toda a información:

PROBA ABAU 2020

No seguinte podes acceder directamente a un resumo da convocatoria:

Resumo da convocatoria

E neste podes consultar unha serie de indicacións importantes para o alumnado:

Instrucións para o alumnado

ABERTO DE NOVO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO PARA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Este procedemento non afecta ao alumnado do CEIP Figueiroa que xa fixo a solicitude. Só é para alumnado procedente doutros colexios ou IES.

 

De luns 11 de maio a luns 18 de maio.

Horario: de 10 a 13 h (de luns a venres)

Imprescindible cita previa, a efectos de garantir a atención en condicións sanitarias seguras. A cita realizarase a través dos teléfonos: 886151928 e 886151932, no horario indicado, ou enviando un correo electrónico ao enderezo:

ies.losada.dieguez@edu.xunta.es

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO E FAMILIAS

AVÍSO SÓ PARA O ALUMNADO QUE NESTE PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES, DESDE O 16 DE MARZO AÍNDA NON CONTACTOU COS SEUS PROFESORES/AS OU TITORES/AS 

RÓGASE AOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE AÍNDA NON CONTACTARON CO CENTRO NESTE PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES, QUE SE POÑAN EN CONTACTO CO MESMO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO:

ies.losada.dieguez@edu.xunta.es

NOVIDADE: MODIFICACIÓN OFICIAL DAS PROBAS ABAU

 

Resolución do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30938

IMPORTANTE! INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE (PUBLICADAS O 27 DE MAIO)

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

PODEN CONSULTARSE NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

MEDIDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN PROFESIONAL E DAS ENSINANZAS ESPECIAIS

Publicada a Resolución  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

Pode consultarse no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30894

VIDEOTITORIAIS SOBRE OS SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS PARA DOCENTES E FAMILIAS

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30904