CONCERTO CELEBRACIÓN SANTA ICÍA

O Departamento de Música, en colaboración co Departamento de Galego e o de Actividades Extraescolares, organiza este venres, 27 de novembro de 2015, un Concerto Didáctico con motivo da celebración do día da patroa da Música que ten lugar todos os 22 de novembro.

O repertorio variado e ameno... dende espirituais, cancións galegas, bandas sonoras e versións de cancións actuais. O programa do concerto será interpretado polo "Cuarteto Victoria", catro voces mixtas con acompañamento de piano.

 

 

Ciclo de Salvamento e Socorrismo

Inicio do Ciclo de Salvamento e Socorrismo o próximo mércores día 25 as 15:30 na AGASP

Prácticas Erasmus

Alumno do IES Antón Losada realiza as Prácticas en Rennes

Un alumno do IES Antón Losada, do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes está actualmente realizando o seu período de dez semanas de prácticas en empresa na localidade francesa de Pacé (Rennes) co programa de mobilidade Erasmus +, proxecto da Consellería de Educación “Europa Next Station”.

Xa nos cursos pasados varios alumnos e alumnas dos distintos ciclos formativos realizaran as prácticas en Francia co entonces programa Leonardo e espérase continuar con estas experiencias no vindeiro curso. 

TÉCNICO DEPORTIVO EN SALVAMENTO E SOCORRISMO

  • As probas de madureza terán lugar no IES Antón Losada Diéguez da Estrada o día 16 de novembro de 2015 ás 9:00 horas.
  • A proba específica realizarase na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada o día 18 de novembro de 2015 ás 9:00 horas.

INICIO CICLO DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL

O luns 26 de outubro presentación as 10:00 horas no salón de actos do IES Antón Losada Diéguez.

É moi aconsellable asistir a citada presentación. 

ACOLLIDA DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE ESO E FP BÁSICA

O xoves 8 de outubro terá lugar a acollida de pais/nais do alumnado de ESO e FP Básica as 20:30 horas.

Ciclo Medio Emerxencias e Protección Civil

Toda a información referente ó Ciclo na seguinte ligazón.

LISTADO ALUMNOS GRUPOS 20015-2016

Por problemas técnicos da aplicación informática nalgúns listados aparecen alumnos duplicados. En breve o solucionaran.
 
 
 Grupos ESO