O venres 7 de xuño tivo lugar o acto de despedida da promoción de 2º Bacharelato. Iniciouse ás 20 horas coa intervención musical do músico estradense Manuel García Vicente, acompañado do tamén violinista IsmaelCabaleiro. O acto continuou cunha benvida da dirección do centro, seguida da proxección dun vídeo conmemorativo e resume destes seis anos no Losada, desta promoción que se despide. A profesora Sonia Iglesias en nome de todos os docentes, dirixiu un emotivo discurso ao alumnado e Xabier Ferro e Paula Puente falaron en nome dos homenaxeados, aos que se lles entregou un diploma e unha fotografía de recordo.
Para rematar, todos os asistentes compartiron un aperitivo na cafetería do centro.
Participaron 53 alumnos que cursaron o Bacharelato no centro así como as súas familias. Foi a promoción máis numerosa da historia do Losada. O evento estivo cheo de momentos de emoción, alegría e un chisco de nostalxia. Os nosos mellores desexos para o futuro.
Aí queda un resume coas mellores imaxes do evento (picando na imaxe podes ver as imaxes máis grandes, no flickr)
E tamén podes gozar co vídeo conmemorativo do paso polo Losada do alumnado que agora se despide.