O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NA RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO DAS PRAIAS GALEGAS

O alumnado de 3º de ESO, por iniciativa da profe María Villanueva (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía)  participou no día de hoxe na limpeza de lixo mariño da praia América, en Lourido, Nigrán. O noso alumnado compartiu a xornada de recollida con persoas da Asociación de dano cerebral Alento.
A actividade enmárcase no proxecto STOP AND HELP!  Que o lixo no chegue ao mar promovido polo Colexio de Biólogos de Galicia cuxo principal  obxectivo consiste en fomentar a conservación do patrimonio natural do Camiño de Santiago implicando tanto á poboación local como ás peregrinas e peregrinos, tecido asociativo etc.
O lixo recollido (un total de 27 quilos nunha hora) foi clasificado en diferentes categorías polos participantes, destacando a inxente cantidade de cabichas de tabaco encontradas. Plásticos de todo tipo, máscaras covid, botellas, e mesmo unha dentadura postiza completaron o arsenal recollido.
Cos restos obtidos realizarase unha intervención artística final levada a cabo por reputadas personalidades do mundo da arte en Galicia que será exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas deGalicia coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas consecuencias sobre o medio ambiente.

Podes ver máis imaxes AQUÍ