Skip to Content

CARME HERMO NA BIBLIOTECA DO LELIADOURA

Recordades o proxecto Biblio-Faro argallado polo equipo da Biblioteca a comezos de curso?  Acaba de chegar ao último trimestre entrando de cheo na súa última parte, “A Mirada do Cíclope”, que se relaciona con esa mirada desviada da realidade que realizan os e as artistas e que nos convidan a mobilizarnos e a espertar.

 

Ao abeiro disto, acaban de inaugurar a exposición das mulleres artistas (PERSONAXES FARO) no corredor da Biblioteca. Temos xa cadros de Maruja Mallo, Frida Kahlo, Sofonisha Anguissola, Artemisia Gentileschi e a propia Carme Hermo que, con motivo da citada inauguración, veu hoxe ao centro para contarnos unha morea de cousas ben interesantes.

 

Comezou por falarnos da importancia da arte como motor para o cambio, para a revolución, para a reflexión e para a concienciación da humanidade. Concienciación que pasa por defender e recoñecer a aquelas mulleres artistas que dun xeito ou doutro batallaron polo cambio cando aínda o seu papel na arte era invisible.

 

Ecoloxía e feminismo van da man con Carme Hermo e o seu traballo así o demostra no proxecto do Museo de Man, do que ela é promotora. Falou do alemán como un artista comprometido coa ecoloxía, no que ela se inspirou para elaborar un libro de ilustracións sobre el.

 

Rematou coa achega dos criterios para que todas e todos aprendamos a valorar a arte contemporánea, nada menos…

 

Darlle as grazas é pouco por vir ata o Leliadoura e compartir con nós a súa sabedoría así como deixarse fotografar no corredor das MULLERES ARTISTAS que acaba de comezar a súa andaina. Augurámoslle un bo porvir.

 

 

Se clicades na imaxe, veredes todas as obras da GALERÍA DE MULLERES ARTISTAS

 

 

 

 

 

CARME HERMO NA BIBLIOTECA DO LELIADOURA


image | by Dr. Radut