O alumnado de 1º de Bacharelato participou e coñeceu onte pola tarde o proxecto "Galicia Nomeada" da man de Vicente Feijoo, responsable da Sección de Toponimia da RAG.
A través da charla en liña, "Toponimízate", a rapazada puido coñecer todo o preciso para instalar e posteriormente empregar a aplicación. Déronse conta do papel fundamental que representa a participación da sociedade para a recollida de topónimos, lendas ou ditos relacionados cos lugares que se poden ir marcando con puntos GPS.
Ao rematar, puideron realizar todas as consultas que lles viñan á súa cabeciña, tanto de uso da aplicación, como da orixe de moitos dos topónimos da zona de Ribeira.
Un proxecto fantástico co que todas e todos deberiamos colaborar. Temos que agradecerlle a Alicia, do Sevizo de Normalización Lingüística do concello, que contora connosco e nos informara de tal oportunidade.