A revista Cadernos de Lingua da RAG ven de publicar un artigo do profesor deste centro, José Ignacio Salgado López, sobre a situación do léxico galego específico da Educación Física e o deporte:
Resumo
No traballo repásase a situación do léxico galego específico da Educación Física (EF) e do deporte, ao tempo que se realiza unha crítica das diferentes propostas xurdidas sobre o tema. Reflexiónase ademais sobre as posibilidades do uso do galego como lingua científica no campo da Ciencia da Motricidade Humana. Detense especialmente no léxico referido á EF, apenas desenvolvido, o que xera problemas para o seu uso normalizado dentro do ámbito escolar. Finalmente avoga pola necesidade da elaboración sistematizada de vocabularios deste campo léxico que faciliten o labor aos profesionais que queiran desenvolver o seu traballo no noso idioma, ámbito no que se torna fundamental a colaboración entre lingüistas e técnicos especialistas neste campo.terminoloxía, deporte, educación física.