Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Vacantes provisionais para o concurso de traslados

Vacantes provisionais para o concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019 -

Resolución do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019 -

Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información:

 

BECAS ERASMUS PARA REALIZAR A FCT

Segue aberto o prazo para que os estudantes de 2º curso de ciclos formativos poidan solicitar a realización da FCT nun país estranxeiro cunha beca ERASMUS. O prazo remata o 18 de decembro. 

Consultade a información na web ERASMUS do IES Leixa

 

Eleccións ao Consello Escolar

> 08.11.2018

Constituída o 8 de novembro a Xunta electoral para o proceso de eleccións ao Consello Escolar acordou o seguinte calendario electoral:

  • Presentación de candidaturas: Entre as 12.00 horas do 08.11.2018 ata as 14.00 horas do 15.11.2018

  • Publicación da relación provisional de candidatos/as: Día 16.11.2018 ás 11,30 horas

  • Período de reclamacións á relación provisional de candidatos/as: Ata as 11,30 horas do 23.11.2018

  • Publicación da relación definitiva de candidatos/as: Día 23.11.2018 ás 12.00 horas

  • Sorteo para a elección das mesas electorais: Día 23.11.2018 ás 12.30 horas

  • Celebración das votacións: Día 28.11.2018 co seguinte horario:

    • Votación de estudantes: Entre as 11.00 e as 13.30 horas

    • Votación de docentes: En Claustro extraordinario ás 11,25 horas e ás 16.00 horas

    • Votación de nais/pais/titores legais de estudantes: Entre as 17.00 e as 19.00 horas

  • Proclamación de candidatos/as elixidos: Día 05.12.2018 ás 11,25 horas (modificada a data por acordo da Xunta electoral)

 

Rexistro na aula virtual

O día 31 de outubro é o último día en que estará aberta a ficha de inscrición de estudantes na aula virtual.

A partir do 1 de novembro, ningún estudante poderá inscribirse na aula virtual de forma directa. 

Nova web para os programas ERASMUS

Moi pronto poñeremos nesta web unha ligazón ao novo espazo dos Programas ERASMUS do Centro Plurilingüe IES Leixa que está a deseñar o noso compañeiro coordinador ERASMUS José Antonio López.

Reestruturación na Xunta de Galicia

O DOG anuncia cambios na estrutura da Xunta de Galicia. O novo nome da consellería de educación é Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalA nova conselleira de Educación é Carmen Pomar Tojo.

Ao longo deste mes iremos modificando todos os documentos do centro para adaptalos á nova denominación.

Acceso á plataforma online da FP a distancia

26.09.2018

A CCEOU vén de activar unha nova plataforma para a formación profesional a distancia distinta da rede PLATEGA.

A nova ligazón é:

Powered by Drupal - Design by artinet