Materia fundamental na formación humanística e integral dos estudantes, aborda a historia das artes plásticas (escultura e pintura) e da arquitectura no mundo occidental desde a Antiga Grecia ata actualidade, sempre tendo en conta a valoración das obras no seu contexto histórico e sempre valorando as técnicas artísticas que nos axudan a comprender mellor a obra e a mensaxe do artista.
É unha materia troncal ponderada con 0,2 en todos os grados de Humanidades e algún de grados de Estudos técnicos como Arquitectura, Arquitectura técnica (0,2) ou Paisaxe (0,2). Tamén moi valorada na maioría de grados de Ciencias sociais, (Xornalismo, Publicidade ou Turismo con 0,2).
A materia utiliza para a súa calificación o formato de exames das probas Abau e traballos complementarios. É de catro horas semanas. O éxito dos estudantes desta materia nas probas Abau foi unha constante non últimos anos.