Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Complementarias

Actividades desenvolvidas dentro do horario lectivo habitual e nas instalacións do centro.

Entroido 2024

Feira de Nadal 2023

Vídeo Memories

Vídeo musical feito na materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1ºBAC, curso 2020-2021.

Edición polo mesmo grupo, xa en Imaxe e Son de 2ºBAC no seguinte curso 2021-2022.

 

Graduación 2ºBAC

 

Lembranzas dun día moi especial.

Quero agradecer a colaboración de todos, dende Iván e Cristina polos seus discursos, Nuria pola presentación, Manuel polo discurso, José Antonio polo vídeo, Antón e o seu grupo "Foolans", todo o equipo de decoración, que o curraron moito e quedou coma nunca, e o equipo técnico de imaxe e son, que sen eles non sería posible a emisión do vídeo.

 

 

Entroido 2022

Reportaxe do Entroido de 2022

Editado por Judith Seijas de 2ºBAC.

Cámaras: Diego Porto, Antón Ferreiro, Eladio Rodríguez

Xornada de Benvida - Alumnado 1º da ESO

Durante o Plan de Formación do Profesorado do curso pasado xurdiu a iniciativa de organizar unha xornada de benvida para o alumnado de 1º da ESO. 

Trátase de dar a coñecer as nosas instalacións, equipos de traballo, normas xerais, protocolos de actuación e establecer as primeiras dinámicas de grupo entre os novos compañeiros e compañeiras que os permitan chegar con máis tranquilidade e seguridade ao sempre incerto primeiro día de instituto.

O alumnado accederá ao centro o 15 de setembro convocado por grupos ás 9h (1ºESO A e B) ou ás 9:30h (1ºESO C e D). Para saber en que grupo están deberán introducir o seu dni nunha ligazón que se habilitará nesta mesma web o día anterior.

Esta xornada contará coa recepción das seguintes persoas e espazos que o alumnado visitará dividíndose en 8 grupos:

- Equipo directivo, que achegará as principais normas de organización e funcionamento do centro.

- Titor/a, que detallará os horarios e normas de aula.

- Equipo da Biblioteca, que introducirá na organización e actividade dun dos espazos máis dinámicos do noso centro.

- Equipo de Dinamización da Lingua Galega, cun traballo moi recoñecido no curso anterior, que presentará as súas ideas para este novo que comeza.

- Aula Virtual, onde se introducirá o alumnado nesta plataforma educativa de uso xeralizado entre o profesorado, co primeiro acceso, cambio de chaves e realización da primeira tarefa.

- Espazo ANPA, que achegará a forma en que as familias participan e actúan no noso centro e desenvolverán algunha experiencia educativa.

Tamén haberá tempo para unha actividade máis lúdica e de lecer coa participación de asociacións vencelladas ao noso centro como Lóstregos (Hockey) e Xaquedrum (Xadrez) e a incorporación de Xuncas Diversia que nos presentará estratexias de inclusión a través do deporte de persoas con discapacidade.

Cada rapaz e rapaza contará tamén cunha Madriña ou Padriño voluntario que forma parte do alumnado delegado ou mediador. Esta figura actuará de guía durante toda a xornada e resolverá as dúbidas e inquedanzas que lles vaian xurdindo durante esta intensa mañá. Esta relación de proximidade poderá continuar durante as primeiras semanas de curso co obxecto de dar máis seguridade ao novo alumnado.

Non é necesario que traian merenda. Será ofrecida pola ANPA promovendo, de paso, un hábito de alimentación saudable.

Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, haberá control distancias e aplicarase xel hidroalcólico ao inicio de cada actividade.

Queremos que sexa unha xornada que dea inicio a un camiño cheo de experiencias, aprendizaxes, compañeirismo e bos momentos ao redor do noso centro educativo.

 

 

Ceremonia de Graduación

 

Hoxe á partir das 19:00 na nosa canle de YouTube

 

Masterclass física de partículas

Durante a mañá participamos nunha masterclass de Física de Partículas.

A iso das 11:30 faremos unha práctica en liña, e pola tarde un test en colaboración co CERN en Xenebra.

Grupo traballando

Analizando trazas de colisións

Analizando trazas de colisións

Momento no que atopamos o Bosón de Higgs

Enquisa 8M

Vídeo divulgativo feito polo alumnado de 1ºBAC de Historia do Mundo Contemporáneo.

Enlace UNICEF

Distribuir contido


by Dr. Radut