Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Edu-sostibilidade

Actividades na Natureza co Alumnado de 3º da ESO

Os días 4 e 5 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou na saída de actividades na natureza ó Baixo Miño e ás Illas Cíes organizada polo departamento de EF do noso instituto. 

O grupo de 50 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polas súas profesoras  Laura, Nati, Beatriz e Luisa.

O primeiro día realizaron a actividade de kayak nos ríos Miño e Tamuxe. O Tamuxe é un río estreito e de augas cristalinas e ó chegar ás Aceñas o grupo disfrutou dun baño.

Pola tarde visitamos o monte de Santa Trega, disfrutando das vistas panorámicas da desembocadura do Miño, A Garda, Portugal, o océano Atlántico e o val de O Rosal e escoitando as inmellorables explicacións de Nati sobre o legado histórico, cultural e relixioso desta Citania. Ao chegar completamos a tarde na estupenda piscina do hotel e realizamos unha camiñata a carón do mar. A noite non puido ser mellor, compartindo parte da velada cun grupo de persoas do Imserso que bailaron e nos transmitiron s súa enerxía e alegría.

O segundo día navegamos ata as Illas Cíes, onde realizamos unha ruta se sendeirismo ata o observatorio de aves do Alto da Campá. ao tempo que os guías do Parque Nacional explicaron curiosidades sobre a biodiversidade deste Parque Nacional. Completamos a tarde con baño, praia e unha ximcana final.

Felicitamos ao grupo pola súa actitude alegre, respectuosa e aberta ao aprendizaxe.

 

Saída ao Río Miño

Entre as actividades de promoción do respecto ao medio ambiente e posta en valor da nosa contorna natural destaca a xa clásica Saída ao Río Miño polo coñecido roteiro "ecolóxico".

Nesta ocasión, con constante ameaza de chuvia, o alumnado de 1º da ESO A e B puido participar desta camiñata e doutras actividades lúdicas nas instalacións do Club Fluvial a quen agradecemos a súa colaboración.

Porén, a saída prevista para o martes tivo ser cancelada a causa dunha ameaza maior de chuvia e dunha temperatura máis baixa. Esperamos que poda ter lugar noutra ocasión, talvez a principios do curso que vén.

 

 

Excursión ás Ons

O alumnado de 2º da ESO pasou un par de días de experiencias naturais e deportivas nunha contorna única nas illas Ons, pertencentes ao Parque Natural das Illas Atlánticas. Nesta imaxe, arrodean o Burato do Inferno, un dos atractivos da illa.

Agradecemos o comportamento exemplar de todo o alumnado e o compromiso do profesorado participante nunhas actividades tan beneficiosas para o convivencia e para unha formación respectuosa co medio ambiente.

 

Excursión a Manzaneda

Os días 20 e 21 de maio, ao final dun curso cheo de cambios e aprendizaxes, organizouse esta convivencia de dous días en Manzaneda para o alumnado de 1º da ESO con actividades lúdico-deportivas en contacto cunha contorna natural única. Estas experiencias extraescolares adoitan ter un impacto moi positivo, tanto a nivel de relacións como de mellora da autonomía persoal. Ademais, temos que felicitalos en conxunto polo excelente comportamento que nos sigue permitindo presumir de alumnado neste instituto. Hai que agradecer especialmente a Luisa Felpeto, impulsora da iniciativa, e ao profesorado que pasou voluntariamente estes dous días fantásticos na montaña.

EXCURSIÓN 3º ESO AO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

Visita ao Aquarium Finisterrae e a Domus

O martes 9 de xaneiro, desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, demos comezo o ano 2024 coa visita a dous dos museos científicos coruñeses. Primeiro estivemos no acuario, coñecendo o xa veterano tabeirón Gastón e a súa alimentación e reprodución, así como as focas da piscina exterior e ademais fixemos a visita por libre a todas as salas: Humboldt, Maremagnum, Sexo azul, Isabel Castelo e Nautilus.

Despois achegámonos a Domus, e alí, a visita transcurriu por libre no que obxectivo era ademais de disfrutar das diferentes exposicións e xogos interactivos, respostar unha serie de preguntas a través dun cuestionario elaborado desde o departamento. A experiencia foi enriquecedora e agardamos repetir para o ano.

PowerPoint edu-sostibilidade

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño e tamén o día 6, o alumnado de 2º ESO realizou unha excursión organizada polo Departamento de Educación Física á Illa de Ons, situada no Parque Natural das Illas Atlánticas.

Esta actividade fixo consciente ao alumnado do noso centro educativo da importancia de coidar os nosos ecosistemas e a conservación da biodiversidade e así como do fomento do respecto polo Medio Ambiente.

 

EXCURSIÓN DE 4ºESO Á RIBEIRA SACRA

O 18 de maio o alumnado de 4ºESO de Relixión Católica coñeceu o CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) en San Clodio Ribas de Sil, despois, xa no concello de Quiroga, dirixiuse ao túnel romano de  Montefurado e tamén alí visitaron a igrexa de San Miguel, onde unha técnica de turismo enviada pola Diócese de Lugo explicóulles a importancia que ten este templo no camiño de inverno a Santiago de Compostela.

A continuación achegáronse ao Castelo dos Novaes a partires do cal comezaron a pé a ruta do camiño de inverno ata chegares ao pobo de Caspedro, para despois xantar na Praia fluvial de San Clodio Ribas de Sil e así disfrutar deste privilexiado entorno natural.

 

 

 

EXCURSIÓN DE 3º ESO AO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O 13 de abril o alumnado de Relixión Católica de 3ºESO coñeceu o Museo Etnográfico Municipal de Quiroga e despois o Museo Xeolóxico, complementando esta visita achegándose ao Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós, dentro do Xeoparque Montañas do Courel.

Pola tarde visitouse a Igrexa de San Martiño de Quiroga onde recibiron explicacións sobre a importancia artística do templo e das distintas manifestacións da relixiosidade popular galega que alí se manifestan.

Distribuir contido


by Dr. Radut