Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Paisaxe

Roseiras dedicadas

Presentación "O noso xardín"

Presentación en PowerPoint na que recollemos un resumo do Plan Proxecta+ "Paisaxe e Sustentabilidade".

 

DESCARGA ARQUIVO

Avaliación Plan Proxecta: actividades no xardín (profes)

 

Avaliación do plan proxecta de paisaxe e sustentabilidade, por parte dos profes.

Locutores: Nati, Maxi, Pilar.
Control: Xabi

Avaliación Plan Proxecta: actividades no xardín (conserxe e nai)

 

Avaliación do plan proxecta de paisaxe e sustentabilidade sobre as actividades do xardín.

Locutoras: Nati, Bea e Lucía
Control: Xabi

Avaliación Plan Proxecta: actividades no xardín (alumnado)

 

Juan, Rayca, Ezequiel e Eva comentan as actividades que se realizaron no xardín dentro do programa Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade.

Dirixidos por Nati González.

DIPLOMADOS EN APADRIÑAR ROSEIRAS

 

 

O alumnado de 2ºESO foi o protagonista da actividade:Apadriña unha roseira” no xardín do Leiras.

 

 

Unha vez que se estableceu o compromiso de coidado, durante o resto do curso, das roseiras que se ían plantar no xardín do IES, os alumnos e alumnas, plantaron, regaron e abonaron as súas roseiras, coidándoas con tal entusiasmo e atención, que o profesorado que coordenou esta actividade tomou a decisión de recoñecer este traballo concedéndolle un diploma en recoñecemento ao seu compromiso e dedicación realizando esta actividade.

 

No último día de clase o director do centro entregou a un representante de cada clase cadanseu diploma, o que recibiron con grande ledicia.

 

 

AULA INTERDISCIPLINAR AO AIRE LIBRE NO XARDÍN DO LEIRAS

 

Co obxectivo de relacionar e aplicar o que aprendemos, así como  potenciar a aprendizaxe global a través de propostas que promovan a integración e a conexión de contidos entre as distintas materias, realizáronse diversas actividades de xeito interdisciplinar.

Ao longo do curso o alumnado relacionou e aplicou o que aprendeu entorno ao xardín do Leiras.

 
 
   
     
     

 

 

ABRAZAMOS ÁRBORES

 

 

En varios cursos, durante varios días ao longo do curso abrazamos árbores como xesto de sensibilización cara o coidado do Medio Ambiente.

 

 

 

De xeito simbólico, nos distintos cursos, fotografámonos no xardín abrazando árbores, despois de ver documentais cuios enlaces foron facilitados polo Instituto de Estudos do territorio da Consellería de Medio Ambiente, Terrritorio e vivenda, que informan sobre a importancia do coidado da Natureza e da súa preservación para o futuro.

 

 

 

Na materia de Relixión Católica preténdese dar unha proposta de sentido último para a vida e iluminar o fundamento daqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria, para o cal é moi importante o respecto da Natureza e crear unha conciencia ecolóxica.

 

 

 

 

EDUCANDO A CONCIENCIA MEDOAMBIENTAL

 

 

Tendo como obxectivo acadar o coñecemento das paisaxes cercanas presentes no ámbito próximo ao noso centro educativo, adquirimos coñecementos vendo videos propostos pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, sobre os elementos paisaxísticos.

 

 
 

 

 

Despois fíxose un pequeno traballo interpretativo, en grupo, no que se plasmou a impresión e o interese sobre o estudado.

 

 

 

SEMENTAR SEMENTAREI

 

 

Tendo como obxectivo integrar as familias e fomentar a súa participación na aprendizaxe dos seus fillos e fillas, dende o Departamneto de Relixión Católica,  propónselle ser colaboradoras en actividades que se realizan no PROXECTA + Paisaxe e sustentabilidade, facéndolle a proposta de que participen na actividade de sementar prantas no xardín do IES e colaborar dando información e consellos sobre como levar a cabo a actividade con éxito. Así  tamén se lle pide que deixen  aperos de labranza, regadeiras, etc. para realizar o traballo en equipo. Dado que a súa resposta foi moi satisfactoria, puidemos facer a sementeira no noso xardín de “ mirabilis jalapa”, popularmente chamados “dondiego de noche”  ou “pericos”.

 

 

Ademáis de aprender sobre como intervir na contorna próxima para mellorala e enriquecela, o alumnado disfrutou moito facendo esta actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut