Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Orientación

Información do departamento

Profesorado Programación didáctica Novas
     
   
Blog informativo
 

Convocatoria Fondo libros curso 2024-2025

Publícase no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria de Fondo Libros.

 

IMPORTANTE:

RECOMENDAMOS, PREGAMOS e INSISTIMOS en que procuren facer a solicitude de forma telemática, para que non pasen 300 persoas a entregar papeis no instituto.

 

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

 

CHAVE 365

É un sistema para identificarse telematicamente mediante código no teléfono móbil para calquera trámite da Xunta. MOI RECOMENDABLE.

Becas ANEAE 2024-25

Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro está aberto o prazo para a solicitude das becas do ministerio para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Pode encontrar toda a información na web

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

2 de abril - Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Aula Tea

A aula TEA foi un espazo creado no ano 2010 co obxectivo de escolarizar alumnado con diagnóstico TEA. Os nosos alumnos escolarizanse en modalidade combinada entre a aula TEA e a aula ordinaria. O alumnado intégrase na aula ordinaria naquelas materias que mellor se adapte tendo en conta, principalmente, as súas competencias. A integración realízase xeralmente cunha das profesoras da aula TEA, quen lle reforzará e adaptará as explicacións e actividades realizadas na aula ordinaria.

Nesta aula TEA traballamos dúas profesoras de Pedagoxía Terapéutica con formación específica en TEA. Empregamos unha metodoloxía específica que parte das potencialidades e características deste alumnado:

Ensinanza estructurada (Organización espacial, Organización temporal, Anticipación, ...)

As dificultades no uso das funcións executivas son frecuentes entre o alumnado con TEA e precisan estratexias que contribúan a facilitar tanto a anticipación como a estructuración das actividades.

Na aula cada alumno dispón dun horario individual no que se anticipan as distintas actividades que se levarán a cabo durante cada xornada.

Ademáis a aula está estructurada en distintos espazos debidamente sinalados (de traballo, de tempo libre, de ordenadores...)

MétodoTEACCH

Facemos uso do método TEACCH para organizar o traballo diario de cada alumno de forma que conseguen traballar de xeito completamente autónomo.

Apoios visuais (debuxos, imaxes reais, pictogramas, mapas visuais, mapas conceptuais...)

Os apoios visuais son imprescindibles para traballar con este alumnado. Tanto para facilitar a comprensión das actividades académicas; para anticipar calquera circunstancia; como para explicar determinadas situacións cotiás. Sempre que se utilicen apoios visuais teremos que asegurarnos da súa axeitada comprensión. A capacidade de representación e abstración pode variar dunha persoa a outra.

 

Aprendizaxe sen erro

Esta estratexia metodolóxica contribue a minimizar a frustración. O alumnado TEA necesita os apoios necesarios para finalizar a actividade con éxito. Estos apoios iranse retirando a medida que se adquiran habilidades e se avance na tarefa.

Principio e fin

As actividades teñen un principio e un fin marcado.

Individualización e adaptación das actividades e tarefas

Os materiais elabóranse e individualízanse tendo en conta as características de cada alumno.

Aprendizaxe funcional favorecendo a súa xeneralización

Sempre que resulta posible inténtase que o alumnado poda percibir a utlidade da aprendizaxe na súa vida.

 

Asegurar a atención antes de comenzar a tarefa

Respétanse os seus tempos de atención co obxectivo de lograr una aprendizaxe máis efectiva e evitar a fatiga do alumnado.

Uso de rutinas.

As rutinas son fundamentais para que o noso alumnado se sinta tranquilo. Calquer imprevisto dentro das rutinas anticípase nos seus horarios. 

 

Linguaxe clara e precisa.

Na linguaxe oral uso de estructuras sinxelas. As instrucións deben ser claras e mostrarse cos códigos que o alumno comparte, xa sexan pictográficos ou escritos. Na linguaxe escrita uso da lectura fácil e apoio visual.

Historias sociais

Faise uso das mesmas con debuxos en determinadas situacións que resultan difíciles de comprender.

Premack

O noso alumnado sempre segue a mesma estructura de traballo (realización de tarefas – tempo de libre). No tempo libre escollen que actividade lles apetece realizar.

 

 

 

 

Bolsas de Bacharelato, FP e Universidade

Acaba de ser publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico). O prazo ábrese do 27 de marzo ata o 17 de maio.

Accede a toda a información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

 

Convocadas as bolsas para o alumnado con NEAE

Dende o 19 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e podes acceder a toda a información premendo aquí.

O prazo remata o 30 de setembro de 2022

Visita do alumnado de 4º da ESO o CIFP Politécnico de LUGO

O alumnado de 4º da ESO, visita o CIFP Politécnico de Lugo, onde nos informaron da oferta educativa de F.P., matrícula e saídas académicas. Unha visita moi enriquecedora que tanto o alumnado de 4º da ESO, os titores e departamento de orientación agradecemos.

Visita do alumnado de 4º da ESO o CIFP Politécnico de LUGO

BECAS

 BOLSAS MINISTERIO EDUCACIÓN: Adianto prazo de solicitudes curso 2022/23 

O sábado 12/03/2022, publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022/23, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. 

prazo de solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022, a través da Sede Electrónica do Ministerio. 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html 

PROBAS ACCESO CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

ADXÚNTASE AS DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E INSCRICIÓN Á MESMA

Distribuir contido


by Dr. Radut