Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Convivencia

Cuestionario convivencia

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia promove unha enquisa para a avaliación da convivencia nos centros escolares. Cada membro da comunidade educativa deberá subrir o seu cuestionario para contribuir aos resultados.

A enquisa é anónima. Dende o centro repartiremos claves de acceso aleatorias que identifican ó IES Leiras Pulpeiro, pero que non identifican ás persoas que fan a enquisa.

O cuestionario leva cubrilo uns 15 minutos, e só se pode facer unha vez. Se se pecha sen rematalo, a clave de acceso non poderá volver usarse.

É probable que o enlace dea unha mensaxe de erro de seguridade. Nesa pantalla, haberá que "añadir excepción", "confirmar excepción", "aceptar certificado" ou outro botón similar que indique que aceptas continuar.

 

Cuestionarios de convivencia

Imos pasar ó alumnado un cuestionario para analizar a convivencia no centro.

Guía para alumnado de nova incorporación

Guía paso de Primaria a Secundaria

Stop bullying

Vídeo educativo contra o bullying feito no plan de convivencia.

 

 

STOP Bullying from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Taboleiros de igualdade

Durante este curso, fixemos varios taboleiros denunciando problemas de convivencia e igualdade. 

Deixamos aquí unha mostra deses traballos (ver fotos adxuntas).

 Taboleiros convivencia

Mulleres como autoras e protagonistas de novela gráfica e banda deseñada en xeral

En coordinación co CLUB DE LECTURA do centro organizamos unha charla para presentar materiais da nosa BIBLIOTECA, relacionados coa novela gráfica e a banda deseñada en xeral, ao alumnado de 4º de ESO.

Todas as obras presentadas compartían como eixos da narración a muller e as súas circunstancias e, a maior parte delas, tamén tiñan a mulleres por autoras.

@s presentes na charla amosaron coas súas preguntas interese polas obras e pola temática abordada nalgunhas delas, das que tamén destacaron a súa calidade plástica.

 

Día da muller traballadora

A semana do 8 de marzo colgamos camisetas para visibilizar o traballo feminino que moitas veces permanece oculto. O lema foi "Somos, contamos, estamos".

Deixamos aquí unha mostra do traballo feito (ver fotos adxuntas).

Cartel 8 de marzo

Distribuir contido


by Dr. Radut