Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Dinamización Lingüística

Letras Galegas 2023 II

 

Podcasts feitos polo alumnado de 4ºESO, baixo a dirección de Inma Gayoso

00:00 Sabela Barreiro (Rafael Dieste)
06:00 Martín Casanova (Luis Seoane)

Letras Galegas 2023 I

 

Un grupo de alumnas e alumnos de 4° de ESO, coordinados por Inma Gayoso, realizou estes podcast sobre temas varios da literatura, arte e cultura galegas. Uns excelentes e completos entrantres para chegarmos por todo o alto ao 17 de maio, día no que homenaxearemos a Francisco Fernández del Riego. 
Que vos presten!
 

00:00 Álvaro Lamazares (Neotrobadorismo)
01:54 Naiara Lemos (Maruja Mallo)
05:36 Laura Blanco (Luis Amado Carballo)
09:48 Nuria Ledo (Seminario de Estudos Galegos)
15:30 Rita López (Revista Nós)
20:21 Alejandro Siota (Revista Nós)

Premio ao Proxecto Educativo "Galego para Boomers"

Como xa contamos nun post anterior, polo Leiras pasa xente fantástica que acaba deixando dunha maneira ou doutra a súa pegada.

Así o fixo Noemí García, profesora de Lingua e Literatura Galega no noso centro educativo durante o curso 20-21, co seu proxecto Galego para Boomers, que consistiu na elaboración por parte do alumnado dos primeiros cursos da ESO dun dicionario para facilitar o acceso dos Boomers (persoas nadas no Baby Boom) ao novo vocabulario utilizado pola xente nova.

O proxecto foi premiado durante o curso pasado polo Concello de Lugo e tivo unha grande repercusión mediática e nas redes sociais.

Este ano recibiu un novo premio, o outorgado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que recoñece a Galego para Boomers como o mellor proxecto de fomento do galego entre a infancia e ou a mocidade do ano 2021.

 

Enquisa planificación lingüística 2019

Ligazón para que o alumnado cubra a enquisa de planificación lingüística:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSegaD1ceb-ezCtrQgtJO9msyTRYoDUZtRaKUcxZVbXzhFgQ0Q/viewform?vc=0&c=0&w=1

Noa Lorenzo Otero gaña o segundo premio “Entre iguais”

A alumna de 4º ESO, Noa Lorenzo Otero, acadou o 2º premio no concurso literario “ENTRE IGUAIS” convocado polo Concello de Lugo.

Máis información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística:

http://eunfalar.blogaliza.org/2018/02/28/premio-entre-iguais/

Distribuir contido


by Dr. Radut