Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Matemáticas

Información do departamento

 
Profesorado Programacións didácticas Novas  
       
       

Estalmat 24-25

Xa está aberto o prazo para apuntarse ás probas de ESTALMAT para o curso 24-25, orientadas a impulsar a competencia matemática do alumnado máis motivado e talentoso. Este ano van dirixidas aos cursos de 6º de Primaria e 1º da ESO. Tedes toda a información na páxina oficial da actividade. A proba será o 1 de xuño na Escola de Formación do Profesorado e hai de prazo ata o día 26 de maio para apuntarse.

Actualmente temos 2 alumnas (Isabel e Ainara) e 1 alumno (Iago) que participan deste programa da USC formando parte da promoción de 2022. Un orgullo telos estes meses representando ao noso centro neste proxecto. Oxalá podan ter relevo nos vindeiros anos.

Olimpíada Matemática 2º ESO

Como en anos anteriores, o noso centro educativo formou un equipo de 8 rapaces e rapazas para participar na Olimpíada Matemática de 2º da ESO organizada pola a asociación AGAPEMA. A fase da zona de Lugo tivo lugar nas instalacións da Praza Maior do Círculo das Artes.

Os nosos representantes foron Candela, Iria, Antón, Mateo, Xavier, Daniel, Raúl e Noa, que estiveron loitando con 5 problemas de diferentes áreas do coñecemento matemático durante dúas horas con outros 50 alumnos e alumnas da provincia. Con certeza, deixaron en moi bo lugar o noso centro que xa é un habitual neste tipo de actividades.

Parabéns a todos eles e esperemos ter un finalista do Leiras na fase final galega, a celebrar o 23 de maio, como ten acontecido nalgunha edición anterior.

Métodos Estatísticos e Numéricos

A materia de Métodos Estatísticos e Numéricos está pensada como:

  • Reforzo da parte de Probabilidade e Estatística tanto da materia de Matemáticas II como da de Matemáticas Aplicadas ás CCSS II.
  • Preparación para a proba de ABAU do alumnado que, estando matriculado en Matemáticas II, preséntase a Matemáticas Aplicadas ás CCSS II para mellorar  a súa media.
  • Introdución aos primeiros cursos dunha gran variedade de graos  universitarios que inclúen materias de estatística no seu currículo.
  • Orientación práctica e aplicada, fronte aos contidos máis abstractos de Matemáticas II.

Podedes consultar o temario da materia no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato/materias/lca/men

Entendemos que o temario é extenso polo que adoitamos priorizar, como xa se especificou antes, a parte de Probabilidade e Estatística xa que nos parece desproporcionado impartir todo. Adaptarémonos ao enfoque antes descrito aplicando a flexibilidade que debe ter unha materia de libre configuración de 2º de BAC.

Actividades de matemáticas: Nadal 2020

Nestes días previos ás festas de Nadal, dende o departamento de matemáticas desenvolvemos diferentes actividades:

matenadal

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Tal e como podedes observar no noso taboleiro, fixemos diferentes figuras empregando a arte da papiroflexia ou origami. Esta é unha técnica na que, dobrando un papel sucesivas veces, chegamos a obter diferentes formas. Na imaxe anterior podedes observar dende un dodecaedro, un octaedro, un icosaedro ata unha caixa ou unha estrela.

Tamén empregamos a técnica de kirigami. Desta vez, en vez de dobrar papel, con diferentes cortes no papel e empregando simetrías conseguimos facer uns copos de neve ben xeitosos.

E como non, nas nosas aulas tamén xurdiu a maxia. Uns mag@s moi especiais deleitáronos cuns trucos de maxia baseados nas matemáticas que nos deixaron abraiados.

Esperamos que vos gustasen todas estas actividades. 

FELICES FESTAS E E FELIZ ANINOVO!

 

BOLETINES DE MATEMATICAS PROPUESTOS PARA LOS ALUMNOSDE DE 3º B / D CON LA 1º O 2ª EVALUACION SUSPENSA (BELÉN)

Os envio los boletines que tienen que realizar los alumnos de 3º B/D que tienen la primera o segunda  evaluacion suspensa.

Los de la 1ª ev deben mandar los boletines 1º, 2º, 3º

Los de la 2ª ev deben mandar los boletines 4º, 5º, 6º,7º

Los que tienen suspenso todo han de mandar todos

Mandar una vez realizados a belengd@edu.xunta.es 

Fecha tope de entrega el 9 de JUNIO

Un saludo

Distribuir contido


by Dr. Radut