Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus

Proxecto de intercambio europeo Erasmus

Visita alumnado Erasmus+

A semana do 5 ao 12 de outubro, en plenas festas do San Froilán, recibiremos a visita dos nosos queridos compañeiros do Liceo Anco Marzio di Ostia para completar a mobilidade entre os dous centros no marco do programa Erasmus+.

O programa é o seguinte:

Sábado 5 de outubro

  • Acollida do alumnado por parte das familias.
  • Recepción do profesorado visitante por parte de representantes do centro.

Domingo 6 de outubro

  • O alumnado gozará das festas do San Froilán coas súas familias de acollida.
  • Visita guiada ao profesorado visitante na mañá de Domingo das Mozas. Tarde libre.

Luns 7 de outubro

  • 9h: Salón de Actos
  •  • Acto de Benvida (9h)
  •  • Actuación Musical. (09:20h)
  •  • Presentación do Programa da Semana (10:10 h).
  •  • Kahoot intercultural.
  • 10:30 h: Almorzo ofrecido polo centro.
  • 11:30 h.: Asistencia ás clases de 4º de ESO e BAC.
  • 14:10 h: Xantar para o alumnado coas familias.
  • 14:10 h: Xantar co profesorado e representantes do centro.
  • 17h: Visita á cidade de Lugo e Busca do Tesouro.

Martes 8 de outubro

  • 8:30 h.: Saída cara O Cebreiro, inicio dunha etapa do Camiño de Santiago.
  • 14h: Xantar no Alto do Poio.
  • 17h: Chegada a Triacastela e regreso a Lugo.

Mércores 9 de outubro

  • 9h: Saída en bus cara Santiago, para visitar a cidade
  • 13:30 h.: Xantar en Santiago.
  • 15:00h Visita á Catedral de Santiago
  • 16:00 h Visita ao Pórtico da Gloria. Visita contemplativa e silenciosa de 25 min.
  • 17:00h Regreso a Lugo

Xoves 10 de outubro

  • 9h-11h: Asistencia ás clases da ESO.
  • 12-14 h.: Actividade no Lugo romano
  • 14h: Xantar coas familias e tarde libre
  • 15:00 h.: Xantar do profesorado co Claustro do IES Leiras Pulpeiro

Venres 11 de outubro

  • 09:45-10:45h: Exposicións do alumnado visitante no CEIP Casás.
  • 11h: Radio Leiras.
  • 12-14h: Proba de Orientación Deportiva.
  • 14h: Xantar coas familias e tarde libre

Sábado 12 de outubro

Despedida e regreso a Italia.

Proxecto Erasmus+ KA101

Proxecto KA101 formación profesorado

Proxecto Erasmus

PROXECTO ERASMUS+ KA 101 DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

O IES LEIRAS PULPEIRO REALIZARÁ NO CURSO 2018-2019 E 2019-2020 O PROXECTO ERASMUS + " Buscando estrategias a través de la Internacionalización para prevenir el abandono escolar y la conflictividad/ Searching for strategies through internationalisation to prevent school drop out and conflicts.

O vindeiro mes de novembro, dous membros do claustro realizarán un curso en Italia sobre intelixencia emocional, que agardamos teñan un impacto directo sobre a mellora no noso traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut