Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Economía

Información do departamento

 
Profesorado Programacións didácticas Novas  
       
       

Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

  • Descrición das calidades persoais e as destrezas asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requisitos de distintos postos de traballo e actividades empresariais.
  • Toma de decisións sobre o itinerario vital propio comprendendo as posibilidades de emprego, autoemprego e carreira profesional. Relación do anterior coas habilidades persoais e as alternativas de formación e aprendizaxe ao longo da vida.
  • Actuación como futur@ traballador/a responsable coñecendo os seus dereitos e deberes como tal, valorando a acción do Estado e da Seguridade Social na protección da persoa empregada, e comprendendo a necesidade de protección dos riscos laborais.
  • Creación dun proxecto de empresa na aula e descrición das características do mesmo: Relación co contorno, función social, elementos que constitúen a súa rede loxística (provedores/as, clientela, sistemas de produción e comercialización, redes de almacenaxe,...), etc
  • Documentación empresarial e a súa importancia como fonte de información sobre a empresa.
  • Simulación de actividades de produción e comercialización propias da empresa proxectada, aplicando técnicas de comunicación e traballo en equipo.
  • Descrición das formas xurídicas das empresas en relación coas esixencias de capital  e coas responsabilidades legais ligadas á propiedade e á xestión.
  • Estudo das fontes de financiamento das empresas, valorando as máis axeitadas para cada circunstancia e tipo de empresa.

 

Economía 4º ESO

  • Necesidades ilimitadas e recursos escasos.
  • Impacto das decisións económicas na vida das persoas.
  • Tipos de empresas e as formas xurídicas das mesmas. Esixencias de capital e responsabilidades legais d@s propietari@s e xestores/as, así como as interrelacións das empresas co seu contorno.
  • Características principais do proceso produtivo.
  • Fontes de financiamento das empresas.
  • Estrutura de ingresos e custos dunha empresa, calculando o seu beneficio.
  • Os impostos que afectan as empresas e a importancia do cumprimento das obrigas fiscais.
  • Realización dun orzamento persoal distinguindo entre os tipos de ingresos e gastos, e controlando o seu grao de cumprimento e as posibles necesidades de adaptación.
  • Valoración do aforro como medio para alcanzar diversos obxectivos.
  • Funcionamento básico do diñeiro. Tipos de contas bancarias e de tarxetas emitidas como medios de pagamento, valorando a oportunidade do seu uso con garantías e responsabilidade.
  • Concepto de seguro e finalidade do mesmo.
  • Recoñecemento e análise da procedencia das principais fontes de ingresos e gastos do Estado, interpretando gráficos onde se amose esa distribución.
  • Explicación dos conceptos de débeda pública e déficit público.
  • Impacto para a sociedade da desigualdade da renda e estudo das ferramentas de redistribución da renda.
  • Tipos de xuro, inflación e desemprego.
  • Opcións de políticas macroeconómicas para facer fronte ao desemprego.
  • Impacto da globalización económica, do comercio internacional e dos procesos de integración económica na calidade de vida das persoas e no medio ambiente

 

Economía da empresa

Economía da Empresa trata de centrarse nun determinado e determinante suxeito económico: a empresa. Procura explicar o fenómeno económico da empresa e, tamén, achegarnos ás actuacións sobre ela para alcanzar certos fins.

A empresa é un protagonista esencial da actividade económica, encargado da produción de bens e servizos para satisfacer as necesidades da nosa sociedade. Nesta materia falamos da razón da existencia das empresas, das súas características, dos tipos de organización que poden adoptar e do seu funcionamento, sen esquecer os factores que inflúen na toma de decisións.

A materia emprega un enfoque de presentación baseado na análise das distintas áreas e funcións da empresa. Como resultado diso, estrutúrase nos bloques seguintes:

 

  1. "A empresa", no que se describen os seus elementos, as súas funcións e os seus obxectivos.
  2. "Desenvolvemento da empresa", onde se fai unha análise das decisións de dimensión e localización, e das estratexias de crecemento.
  3. "Organización e dirección da empresa", no que se explica a planificación, a organización e a xestión dos recursos da empresa.
  4. "A función produtiva", para analizar os procesos produtivos e a estrutura de ingresos e custos derivada deles.
  5. "A función comercial da empresa", que repasa as principais decisións da empresa na comercialización dos seus produtos e/ou servizos.
  6. "A información na empresa", para comprender a importancia de contar con datos e información relevante e precisa na toma de decisións e no cumprimento das obrigas fiscais.
  7. "A función financeira", onde se trata de analizar os aspectos salientables das decisións de investimento e financiamento na empresa.

Dentro da materia tamén hai unha serie de supostos prácticos relacionados cos  bloques anteriores e con un peso dun 50% na nota (mesmo peso que a parte teórica). Non son necesarios coñecementos matemáticos elevados para a resolución deses supostos prácticos.

A empresa ten unha gran relevancia social, producindo bens e servizos tamén crea valor engadido e emprego, canaliza e reparte renda, e relaciónase cos traballadores, cos clientes, cos provedores e co seu entorno social e medioambiental. O desenvolvemento da actividade empresarial e a acción d@ empresari@ deben estar guiados pola responsabilidade social e o comportamento ético, máis aló da procura duns resultados. Todo iso sen esquecer a creatividade e o espírito de innovación, a elaboración de reflexións persoais e a toma de decisións fundamentadas, e a idea do erro como fonte aprendizaxe e progreso.

TAREFAS 1º BACHARELATO

DATA

24-5-2020

OPERACIÓN

SUBIDA DE TAREFAS

TAREFA DE REFORZO-REPASO SOBRE O FLUXO CIRCULAR DA RENDA

ENDEREZO DE CORREO E PRAZO PARA A ENTREGA

scoucheiro4@gmail.com / 12:00 HORAS DO 31-5-2020

TAREFAS 4º ESO para a materia de ECONOMÍA

DATA

21-5-2020

OPERACIÓN

SUBIDA DE TAREFAS

TAREFA TEÓRICO-PRÁCTICA DE REPASO DO FLUXO CIRCULAR DA RENDA

MATERIAIS 2º BACHARELATO

DATA

20-5-2020

OPERACIÓN

SUBIDA DE MATERIAIS

BLOQUE 2: DESENVOLVEMENTO DA EMPRESA (DERRADEIRO BLOQUE TEÓRICO)

MODELO DE WILSON DEFINITIVO (AMPLIADO SOBRE O ANTERIOR ENVÍO)

A maiores, tódolos materiais se envían por correo electrónico ao alumnado.

TAREFAS 4º ESO + 1º BACHARELATO + 2º BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA

DATA

27-4-2020

OPERACIÓN

SUBIDA DE TAREFAS

4º ESO

IAEE

Cuestionario sobre vídeos relacionados coa busca de emprego e cos procesos de selección

4º ESO

ECONOMÍA

Cuestionario sobre o vídeo La máquina de la adicción

1º BACH

ECONOMÍA

Cuestionario sobre o vídeo Las armas en los Estados Unidos

2º BACH

ECO. EMPRESA

Teoría e práctica do modelo de Wilson para determinar os óptimos en canto a tamaño dos pedidos e tamaño do stock no almacén

 

A maiores, tódalas tarefas se envían por correo electrónico ao alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut