Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Taboleiro

Grandes actuacións de Ainhoa e Ainara en Hípica

O noso alumnado segue a colleitar importantes éxitos en diferentes ámbitos. Literarios, artísticos, mais, sobre todo, deportivos.

É o caso da amazona de 2º da ESO Ainhoa Rodríguez Buján que recentemente acadou o ouro no campionato galego de raid na categoría cero estrelas ao lombo da égua Haromat A Majorie AA tras completar os 80 km de percorrido.

Ainhoa participu tamén dúas semanas despois no campionato interautonómico representando a Galicia xunto coa tamén alumna do Leiras Ainara Vilariño, acadando a terceira posición por equipos e traendo o bronce para a nosa terra. Cómpre destacar a actuación de Ainara, que acabou terceira individual na proba CET de 80 quilómetros. Parabéns ás 2!

 

 

Educar en Xustiza 2024

Como en anos anteriores, o noso alumnado de 3º da ESO visita os xulgados da Praza de Avilés de Lugo para asistir á celebración dunha serie de xuízos que completan unha actividade educativa única.

Queremos agradecer aos xuíces e xuizas, avogados/as, fiscais a súa enorme paciencia e colaboración, exercendo ademais de mestres do noso alumnado e espertando máis de unha vocación.

Seguiremos participando en vindeiras edicións se o TSXG ten a ben convidarnos.

Presentacións e Comezo das Clases - Curso 24-25

Comezamos o curso 24/25 coa Xornada de Presentacións. 

Terá lugar o mércores 11 de setembro nas aulas de referencia de cada grupo co seguinte horario:

Ese día entregaranse os libros de texto do Fondo Libros, polo que o alumnado adxudicatario deberá vir con mochila.

Podes acceder ao teu horario individualizado onde figura grupo, materias optativas, profesorado, aulas, etc... na sección Documentación do Curso 24-25 do curso Administración Alumnado da Aula Virtual:

Para descargar o documento, preme na tarefa e busca o pdf na sección de Comentarios.

As reunións coas nais e pais do alumnado de 1º da ESO desenvolveranse no Salón de Actos o mércores 11 de setembro co seguinte horario:

  • 1º ESO A e B ás 17h.
  • 1º ESO C, D e E ás 18h.

O xoves 12 de setembro comezarán as clases con normalidade co horario achegado nas presentacións e na aula virtual.

  

Resolución Definitiva Fondo Libros

A día 24 de xullo xa están publicadas as listaxes definitivas de Fondo de Libros.

Podes consultar o estado da túa solicitude de tres maneiras:

  • Na aplicación Fondolibros con certificado dixital ou chave365
  • No mesmo formulario de matrícula que usaches en xullo
  • Na aula virtual do IES Leiras Pulpeiro

 

Os vales de material recolleranse en Secretaría a partir do día 2 de setembro.

Para entrar na Aula Virtual podes acceder co usuario e contrasinal do curso pasado.

Se eres novo/a no centro, o teu usuario será o teu nome e apelidos en minúscula sen espazos e o teu contrasinal a túa data de nacemento sen barras separadoras.

Exemplo: A alumna Ánxela Veiga da Costa nada o 5 de abril de 2008 terá:

usuario: anxelaveigadacosta

contrasinal: 05042008

Como medida de seguridade, terás que cambiar o contrasinal a primeira vez que entres.

Unha vez dentro, figuras xa matriculado/a no curso Administración Alumnado.

Accede no dito curso á sección Fondo Libros 24-25

 

Facendo clic na tarefa accederás á información dentro do apartado comentarios:

Os libros serán entregados no inicio do curso escolar.

 

Matrícula Curso 24-25

Desde o día 24 ata o 8 de xullo está aberto o período de Matrícula para o curso 24-25.

Poderás facer a matrícula on-line, utilizando o código QR que se che entregou xunto co boletín de notas.

Tamén poderás acceder ao teu formulario individualizado de matrícula, entrando na Aula Virtual, no curso Administración Alumnado, na sección Matrícula curso 24-25.

Os formularios conteñen as instrucións que te guiarán no procedemento de achega da documentación necesaria e escolla, de ser o caso, de materias optativas.

 

Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024

Os/as estudantes que acadaron durante o presente curso escolar unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade (60% nota medida bacharelato + 40% nota da parte obligatoria da ABAU) foron homenaxeados/as no acto Megabau, que tivo lugar no Coliseum da Coruña o venres 21 de xuño.

No IES Leiras Pulpeiro tivemos a fortuna de contar entre o noso alumnado con dúas rapazas e unha rapaz cun rendemento académico acorde con eses parámetros de excelencia. O venres 2º de xuño desprazáronse a Coruña acompañados/as das súas familias e da titora de 2º de BAC Cristina Andreu.

Parabéns para Rosalía Bernárdez Riopedre, Noa Rodríguez Carballeira e Brais García Rodríguez e para as súas familias. Foi  un luxo para o centro tervos estes anos entre nós. O voso futuro está por escribir e o enorme talento que atesourades seguirá dándovos satisfacións. Dalgunha ou outra maneira, seguiremos formando parte delas.

 

Entrega de Boletín de Notas

Os Boletíns de Notas xunto cos Consellos Orientadores para 2º e 4º da ESO serán entregados o mércores 26 de xuño no seguinte horario:

  • 9:30h: 1º de BAC
  • 10h: 1º da ESO
  • 11h: 2º da ESO
  • 12h: 3º da ESO
  • 13h: 4º da ESO

Ademais as notas se comunicarán tamén ese mesmo día ás 14h por abalar e pola Aula Virtual.

Luns 20 de maio, día non lectivo

O luns día 20 de maio será non lectivo no noso centro educativo.

Porén, a Secretaría estará aberta de 10h a 13h para recoller documentación do alumnado de 2° de BAC.

Candela, subcampioa de España escolar de Judo

Unha vez máis temos que celebrar os éxitos deportivos do noso alumnado, neste caso o da alumna de 2º da ESO Candela Costa. Hai poucos días conseguira en Lugo o campionato galego o que a clasificaba para o campionato de España que tivo lugar este fin de semana en Navarra. 

A judoka do Leiras venceu as súas rivais rioxana, asturiana e valenciana para competir pola medalla de ouro ante a súa rival catalana Emma Castillo. Finalmente Candela cedeu no último combate pero trouxo para Galicia un meritorio subcampionato. Parabéns para ela, familia e club!

Becas MEC ensinanzas post-obrigatorias 24-25

Acaba de saír publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

Achegamos un documento informativo elaborado pola sección de becas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut