Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Orientación

Charla Enfermedades Raras

Obradoiro de bonecos Nadal 2022

Visita do Alumnado do CEIP Menéndez Pelayo

O venres 10 de xuño recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Menéndez Pelayo que no mes de setembro comezará xa 1º da ESO  no noso centro educativo. Nesta xornada de acollida tratábase de darlles unha cálida benvida e facerlles ver que o seu paso ao instituto supón unha continuidade natural na súa formación, remarcando principios básicos comúns co seu centro de orixe como son o compañeirismo, a boa convivencia e facer da diversidade un valor positivo que nos faga cidadanía máis consciente e completa.

O programa de acollida foi o seguinte:

10:30h Chegada ao IES Leiras Pulpeiro.

10:30h-11h Recepción no Salón de Actos polo Equipo Directivo e a Orientadora.

11h-11:30h Paseo polas instalacións co Equipo de Mediación. Convite a merenda saudable incluído xestionado pola nosa ANPA.

11:30h-12:30h Obradoiro de banda deseñada impartido por Suso Coucheiro na nosa Biblioteca (en grupos alternos coa hora seguinte).

12:30h-13:30h Proba de Orientación Deportiva polos espazos do centro dirixido por Sara Nogueras, alumna de 2º ESO e subcampioa de España da modalidade (en grupos alternos coa hora anterior).

13:30h Despedida.

Despois do verán voltaremos a telos con nós, dando comezo a unha estapa que esperamos estea chea de aprendizaxes, satisfaccións e bos momentos.

 

Curso de Educación Vial para 2º da ESO

Dentro do noso Plan de Acción Titorial incluímos un dos contidos transversais recorrentes nos currículums do secundaria: A Educación Vial, neste caso orientada especialmente á prevención da siniestralidade.

Con este motivo, e coa promoción do Concello de Lugo, os reeducadores en sensibilización vial Adrián e Félix impartiron un curso de tres sesións o pasado xoves 9 de xuño. Este curso foi dirixido na primeira parte da mañá aos dous primeiros grupos de 2º da ESO e aos dos seguintes despois do período de lecer. Incluiu dúas sesións máis teóricas onde se fixo prevención na importancia de conducir un vehículo en óptimas condicións, repasáronse os aspectos máis importantes do código de circulación e achegouse a experiencia dunha víctima en accidente de tráfico. A terceira sesión tivo un carácter máis práctico. Desenvolveuse no patio onde foi aparcado un coche co que se explicou a maneira correcta de axudar a unha persoa accidentada.

Esperemos poder seguir concienciando neste tema ao noso alumnado. Nunca será suficiente para asegurarnos de que non se volvan producir fatales desenlaces nas nosas estradas.

Educar en Xustiza

O alumnado de 3º da ESO participa esta semana no programa Educar en Xustiza promovido polo TSXG. Esta actividade insírese no Plan de Acción Titorial do centro, e vai encamiñada a promover o desenvolvemento dunha cidadanía consciente por parte do alumnado e fornecer espazos para que se exerza de maneira activa, crítica e responsable.

O programa é o seguinte:

- 3ºA asiste o 2 de maio ao Xulgado do Social  de Lugo

- 3ºB o 3 de maio ao Xulgado de Instrución nº2 de Lugo

- 3ºC o 4 de maio ao Xulgado do Penal nº2 de Lugo

- 3ºD o 5 de maio ao Xulgado do Penal nº2 de Lugo

Participaremos en varios xuízos (en xeral, curtos) que terán lugar nesas salas, e o/a maxistrado/a ao final de cada xuízo dará as indicacións necesarias para seguir o procedemento xudicial e comentará a sentenza a ditar.

Na xornada do día 3 asistimos a 5 xuízos interesantísimos presididos pola xuíza Sandra Piñeiro que nos atendeu cunha amabilidade e unha adicación que queremos destacar. Falounos sobre os detalles de cada caso achegando explicacións históricas sobre o principio de igualdade e a consecución de dereitos. Moi difícil encontrar unha actividade cun aproveitamento e unha calidade educativa como esta que tivemos a oportunidade de desfrutar nos xulgados de Lugo.

Día do Autismo 2022

Stop Motion feito polo alumnado da aula TEA para conmemorar o día do autismo.

 

Becas BAC

 BOLSAS MINISTERIO EDUCACIÓN: Adianto prazo de solicitudes curso 2022/23 

O sábado 12/03/2022, publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022/23, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. 

prazo de solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022, a través da Sede Electrónica do Ministerio. 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html 

Desde a Aula TEA, Felices Festas!

 

Traballo levado a cabo polo alumnado da aula TEA  empregando para elo a aplicación de STOP MOTION e eleborando manualmente os distintos elementos que no video aparecen

Presentación do día do libro (aula TEA)

Día mundial do autismo

O alumnado da aula TEA fixo este vídeo co gallo do día mundial do autismo:

 

https://www.facebook.com/leiraspulpeiro/videos/1045261379216467/

Distribuir contido


by Dr. Radut