Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Actividades da Biblioteca

Calendario Hora de Ler

Apadriña un Lector

Sen dúbida, a nosa actividade máis fotoxénica segue a ser o apadriña/amadriña un lector/unha lectora, no que un alumno/a de 1º de BAC acolle nos xardíns do noso centro a un pícaro/a de educación infantil do CEIP Casás e complementa as actividades de introdución a lectura nun contexto diferente.

Temos que agradecer ao noso alumnado que asistiran a esta actividade unha vez ter rematado o seu período lectivo e facelo de xeito complemetamente voluntario. Esperemos que estes pequenos lectores dentro dunha década sexan os que apadriñen/amadriñen novos lectores que aínda están por nacer. 

E sobre todo, agradecer ao equipo da nosa Biblioteca e ao profesorado de Infantil do CEIP Casás que sigan comprometidos nunha actividade tan completa como esta.

Apadriña un lector

Unha das nosas actividades preferidas que puidemos recuperar este ano despois das restricións da pandemia é Apadriña un lector organizada desde a nosa biblioteca.

Trátase de que alumnado de Educación Infantil do CEIP de Casás se achegue ao noso xardín e sexa apadriñado/amadriñado polo noso alumnado de bacharelato que porá o seu grao de area para a súa introdución no mundo da lectura.

Unha actividade ben fermosa, xa consolidada no instituto, e que deixa imaxes como as recompiladas neste vídeo pola profesora Ana Dopazo.

Día do autismo

A semana pasada fixemos varios traballos para conmemorar o día do autismo:

  • Na biblioteca houbo exposición de libros sobre o tema
  • Durante toda a semana houbo un obradoiro de lazos solidarios durante o recreo
  • O venres 31, vestidos de azul, repartíronse os lazos entre toda a comunidade educativa.

 

No blog da biblioteca podedes ver toda a reportaxe:

biblioleiras.blogspot.com

 

 

XVII Mostra de Teatro Clásico

O venres, día tres, os actores Anxo Manuel Lamelo e Ana Fernández fixeron unha pequena e divertidísima representación teatral para o alumnado de 3º ESO, na que presentaban o programa da XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo.

Noraboa á Biblioteca

A actividade “Apadriña un lector”, que se desenvolve dentro do programa anual da Biblioteca, foi unha das 10 activiadades elixidas en toda Galicia para participar nas VII Xornadas de Bibliotecas escolares, que terán lugar o vindeiro venres 18 e sábado 19 de novembro en Santiago. Ata alí se trasladará a responsable da Biblioteca do Leiras, Ana Dopazo, para dar información sobre esta iniciativa que leva varios anos funcionando coa colaboración do CEIP Casás.

Noraboa a todas as persoas que ó longo destes anos veñen traballando na difusión de hábitos de  lectura.

 

Apadriña un lector 2016

Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 

Se queres saber máis, preme nesta ligazón: "Apadriña un lector 2016" en Biblioleiras.

 

 

Apadriña un lector 2016 de IES Leiras Pulpeiro en Vimeo.

Carracedo e Rivas: Ciencia e Literatura no Leiras Pulpeiro

Esta semana foi excepcional no noso centro. Tivemos a dúas figuras de primeira liña connosco: Ángel Carracedo e Manuel Rivas.

Ciencia e Literatura... humanidade... a VIDA.

Ambos os dous uns comunicadores excepcionais... uns magos que nos hipnotizaron durante tantos minutos... Non podiamos deixar de escoitar...

Ambos os dous cunhas mensaxes cheas de humanidade. Unhas mensaxes ricas, que non esqueceremos.

O científico falou da vida e da morte, dos soños por cumprir... Das diferenzas tan pequenas que hai entre os seres humanos, que somos practicamente iguais (aínda que moitos opinen o contrario), e mesmo máis iguais entre nós que dúas formigas entre si.

O escritor falounos da biodiversidade e da guerra, do camiño percorrido cando escribe, da súa primeira lección de ética, do valor das linguas, do valor da nosa lingua...

Regalounos esta frase, unhas verbas verdadeiras:

"Nós abrimos un libro, pero o libro ten que abrirnos a nós".

Ambos os dous diferentes e complementarios, mais necesarios para nós.

Moitas grazas, Ángel e Manuel. Para nós foi un luxo estar convosco. Esperamos que volos dous desfrutarades tanto coma nós. Grazas!!!

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

 

 Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Día Mundial de Concienciación do Autismo: tod@s de AZUL!!!

Para celebrar o Día Mundial de Concienciación do Autismo (2 de abril), no Leiras Pulpeiro organizamos unha serie de actividades durante a semana anterior:

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no IES Leiras Pulpeiro

Día Mundial do AUTISMO - 2 de abril

O equipo da biblioteca convídavos a participar nas actividades que imos realizar para conmemorar o Día Mundial do AUTISMO.

Se queres saber que podes facer, entra en BIBLIOLEIRAS...

Día do Autismo 2016

 

Distribuir contido


by Dr. Radut