Se queredes utilizar un dos servizos ofrecidos pola biblioteca escolar do IES Leiras Pulpeiro, teredes que seguir estas normas:
Servizo de préstamo1. A petición de libros realizarase directamente ao profesorado de garda na biblioteca, durante o primeiro recreo.
2. O profesorado de garda encargarase de coller e colocar os libros nos andeis.
3. Unha vez localizado o libro o alumno ou alumna cubrirá o caderno de préstamos seguindo as instrucións que lle indique o profesorado de garda.
4. A duración do préstamo será de 15 días. Poderase solicitar unha prórroga dunha semana máis. O profesorado de garda reflectirá no caderno de préstamos a data da renovación. O período máximo de préstamo de DVDs e CDs é de 4 días.
5. A devolución do CD, DVD ou libro realizarase directamente ao profesorado de garda que asinará na casa correspondente do caderno de préstamo.
6. Pódense levar en préstamo ata un máximo de tres libros, CDs ou DVDs.
7. Nos períodos vacacionais tamén funciona o servizo de préstamo. Neste caso a devolución farase no prazo dos dous días seguintes á incorporación ás clases.
8. O alumno/a reporá ou abonará o importe do libro, CD ou DVD que deteriorase ou perdese.
9. A Biblioteca notificará aos titores legais do alumno/a as devolucións fóra de prazo.
10. Non serán obxecto de préstamo os dicionarios e enciclopedias nin os xornais e revistas.
Servizo de Consulta en InternetA Biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet para realizar buscas documentais e traballos académicos.
Para utilizar os ordenadores deberás pedir ao profesorado responsable que te anote no caderno de rexistro co número de ordenador correspondente e solicitar un rato.
1. O uso será de carácter individual.
2. No caso de que haxa moita demanda o profesorado de garda limitará o tempo de utilización de cada usuario a 15 minutos.
3. Está prohibido visitar páxinas con contido inadecuado, ilegal, racista ou pornográfico.
4. Permítese utilizar o correo electrónico e programas de mensaxería, sempre que a súa finalidade sexa a procura de información con fins educativos.
5. Permítese baixar documentos sempre que se garden en dispositivos USB.
6. Os documentos non se poden gardar no disco duro dos equipos.
7. Baixo ningunha circunstancia se instalará ou desinstalará o software sen autorización dun responsable.
8. Non se pode chatear nin xogar nin baixar música ou películas ou facer gravacións.
9. Utilizaranse os equipos co debido coidado.
10. No caso do incumprimento destas normas, o profesorado de garda na Biblioteca poderá prohibir o acceso á sala temporal ou permanentemente.