Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Deportes

Jarno Pousada, Campión de España Júnior de Triatlón

Sempre festexamos con grande alegría os éxitos deportivos, musicais, artísticos, poéticos e de calquera ámbito onde destaca o noso alumnado e nesta ocasión queremos celebrar o campionato de España Júnior de Triatlón de Jarno Pousada Troitiño, que rematou os seus estudos no IES Leiras Pulpeiro conseguindo a graduación en bacharelato este mesmo ano.

Durante o verán, foi campión absoluto na prestixiosa carreira Rinlo-Ribadeo e foi o día 17 de setembro no municipio murciano de Águilas onde acadou o seu título de Campión de España

Parabéns a Jarno, aos seus adestradores e ao seu clube Cidade de Lugo Fluvial por este grande logro nun deporte tan esixente.

 

Campións de España Cadete de Fútbol Sala

Desde estas páxinas intentamos facernos eco dos éxitos literarios, artísticos, musicais e deportivos do noso alumnado que non deixa de sorprendernos alcanzando metas difíciles de imaxinar.

É o caso de Iago Baamonde, Roberto Barreto, Saúl Luna, Pablo Magadán, Xavi Martínez, Mateo Múñoz, Hadrián Otero e Alexandre Villagarcía e dos seus compañeiros e equipo técnico do Club Ribeira Fútbol Sala, que o 18 de xuño de 2023 se proclamou campión de España Cadete, impoñéndose, na Fase Final celebrada en Móstoles, a dous clubes moi poderosos con moitos anos na elite, tanto a nivel base como a nivel absoluto.

En semifinais conseguiron remontar un 1-2 a El Pozo Murcia clasificando para a gran final onde os esperaba o FC Barcelona.

A pesar da superior experiencia do club catalán, os nosos non se amedrentaron e conseguiron vencer por un axustado 6-5 que os coroa como o mellor equipo de España da súa categoria.

Un éxito enorme dos nosos rapaces, das familias, do noso barrio e do Ribeira a quen felicitamos desde o noso centro educativo.

Parabéns Campións!!!

SARA NOGUERAS PORTO, DE 2º DE ESO, SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ EN DISTANCIA LONGA

Esta fin de semana celebrouse en Antequera o Campionato de España Escolar de Orientación.

A nosa alumna Sara Nogueras Porto (2º ESO) participou nesta competición como compoñente da Selección Galega en categoría infantil proclamándose Subcampioa de España en distancia longa e conseguindo un excelente cuarto posto na clasificación xeral das tres distancias (longa, media e sprint).

Noraboa pola participación e polos excelentes resultados, a seguir traballando, aprendendo e disfrutando do deporte!!!

 

Campionato Orientación

O mércores día 22 de abril tivo lugar o Campionato Provincial de Orientación, no entorno do Campus Universitario da cidade. Participaron diversos centros educativos da provincia, entre eles o noso instituto. Acudimos con 41 alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO. Despois dunha magnífica xornada, cunha proba deportiva en terreo mollado e dificultoso, todo o grupo terminou e disfrutou a carreira. Destacamos o terceiro posto de Marina Chao (2º ESO), que conseguiu a medalla de bronce, os quintos postos de Mariana de Carli (3º ESO) e Borja Corral (2º ESO), e o cuarto posto de Diego Ardura (3º ESO).

Felicitamos a todos pola súa participación, entusiasmo e esforzo, e agradecemos a Verónica (profe) que nos acompañase e axudase durante toda a mañá.

Departamento de Educación Física e Deportiva.

Podium Cadete Feminino Podium Cadete Masculino
Podium Infantil Feminino Podium Infantil Masculino

 

(Preme nas fotos para velas en maior tamaño)

Distribuir contido


by Dr. Radut