Charla-coloquio coa Fundación Secretariado Xitano
Irene Jiménez y Belén Fernández, da Fundación Secretariado Xitano de Lugo, déronnos unha interesantísima charla na que desmontaron moitos tópicos e abríronnos os ollos a un mundo do que moitas veces temos unha imaxe algo distorsionada. O mundo xitano e o payo conviven no noso centro, mais moitas veces uns e outros temos prexuízos e inquedanzas. Cómpre esforzarse por eliminar barreiras e aceptar a diferenza que, lonxe de ser un problema, é unha verdadeira riqueza. |
||
Preme aquí para acceder á nova no periódico. |