Mulleres como autoras e protagonistas de novela gráfica e banda deseñada en xeral
En coordinación co CLUB DE LECTURA do centro organizamos unha charla para presentar materiais da nosa BIBLIOTECA, relacionados coa novela gráfica e a banda deseñada en xeral, ao alumnado de 4º de ESO.
Todas as obras presentadas compartían como eixos da narración a muller e as súas circunstancias e, a maior parte delas, tamén tiñan a mulleres por autoras.
@s presentes na charla amosaron coas súas preguntas interese polas obras e pola temática abordada nalgunhas delas, das que tamén destacaron a súa calidade plástica.