Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Campionato provincial de deporte de orientación

O noso instituto participou un ano máis no Campionato provincial escolar de Orientación. 39 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO acudiron o día 1 de marzo e competiron con escolares da provincia de Lugo. Nesta ocasión, a carreira tivo lugar na zona de Frigsa, estrenando novo mapa. A organización correu a cargo da sección de Orientación do Clube Fluvial de Lugo.
Felicitamos a todos e todas as participantes pola súa ilusión e deportividade, e destacamos, nun plano máis competitivo, os resultados acadados por algúns dos nosos alumnos e alumnas:

María Bouza Fernández proclamouse subcampioa provincial en categoría cadete feminina Nicolás Núñez Castro obtivo un magnífico 3º posto na categoría cadete masculina.

Ademáis, os seguintes alumnos e alumnas clasificáronse directamente para o Campionato Autonómico:

Iria Vila Pozo (6º), Area Loureiro Villasante (7º), Rocío Fernández Cordero (9º), Brais Piñeiro Lozano (4º), Javier López González (7º) e Manuel Veiga Couñago (10ª).
Alicia Illán (11º), Jimena García (13º), David López (12º) e Brais Telmo (15º) fixeron tamén moi boas carreiras, pero terán que esperar alguna vacante.

NORABOA A TODAS E TODOS!!!!!!!

AdxuntoTamaño
podio1.jpg130.95 KB
podio2.jpg126.27 KB


story | by Dr. Radut