Segundo reparto de libros do fondo
O día 15 moitos alumnos quedaron sen libros por non haber suficientes unidades no almacén do centro. O día anterior ó reparto xa foran encargados e chegaron hoxe practicamente todos.
Por tanto, todos os alumnos que o día 15 de setembro xa estabades matriculados, recibiredes os libros o vindeiro luns 25. Como sodes moitos (102), iremos avisando clase por clase, porque en media hora de recreo non vai dar tempo a repartilos todos.
O alumnado que se matriculou despois, recibirá os libros sucesivamente nos próximos días.