Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Campionato Escolar Provincial de Orientación

O mércores 15 de marzo, 51 alumnos do noso centro participaron no Campionato Provincial de Orientación que se celebrou no Parque Rosalía de Castro. Os nosos deportistas participaron xunto a outros 400 alumnos procedentes de centros de toda a provincia. A maioría dos participantes remataron o percorrido e algúns deles acadaron posicións de podium.

1º cadete masculino: Javier López de 3º ESO A
1º infantil masculino: Aitor Fernández de 2º ESO B
2º infantil masculino: Ángel Pascual de 2º ESO C

 

Resultados completos cadetes

Resultados completos infantiles

 



page | by Dr. Radut